Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión con estatuto especial | Friuli-Venezia Giulia | ||||
Regional decentralization entity (en) | regional decentralization entity of Trieste (en) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 198.417 (2023) (2.331,3 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 85,11 km² | ||||
Altitude | 2 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Día festivo | festa patronal (3 de novembro) | ||||
Santo padrón | Justus of Trieste (en) | ||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Roberto Dipiazza | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 34121, 34122, 34123, 34124, 34125, 34126, 34127, 34128, 34129, 34130, 34131, 34132, 34133, 34134, 34135, 34136, 34137, 34138, 34139, 34140, 34141, 34142, 34143, 34144, 34145, 34146, 34147, 34148, 34149, 34150 e 34151 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 040 | ||||
Identificador ISTAT | 032006 | ||||
Código catastral italiano | L424 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Graz (1973–) | ||||
Sitio web | comune.trieste.it | ||||
Trieste[1] (en esloveno: Trst) é unha cidade italiana, capital da rexión de Friúl-Venecia Xulia, na fronteira con Eslovenia. É capital da provincia homónima e no 2013 tiña 204 849 habitantes.[2]
Trieste ten un porto de notables dimensións con diferentes terminais. Ten especial importancia o tráfico de contedores, sendo a principal porta europea dos produtos turcos, grazas ao sistema de tráfico Ro-Ro co país euroasiático. Tamén son relevantes os movementos de café (un terzo das importacións nacionais) e a terminal petrolífera, da que parte o oleoduto transalpino, que abastece Austria, Baviera e a República Checa. No tráfico de pasaxeiros está en aumento a actividade cruceirística.
En relación ás actividades económicas relacionadas co porto, en Trieste ten a súa sede central a empresa de construción naval de propiedade pública Fincantieri e tamén Italia Marítima, unha compañía de navegación do grupo Evergreen. No sector industrial, destaca o sector da mecánica industrial e naval, a metalurxia e a alimentación.
O 90% de todas as industrias e boa parte das artesanais encóntranse na zona industrial dos vales de Zaule e Noghere, a cabalo entre os concellos de Trieste, Muggia e Dolina, xa en San Dorligo della Valle, administrada pola EZIT (Ente para a Zona Industrial de Trieste).
É moi importante para Trieste a achega económica da investigación científica e o sector terciario. A cidade é sede de varias compañías de seguros.
Na zona de Trieste está en discusión a construción dunha ou dúas plantas regasificadoras: unha en terra, na zona de Zaule, e outra en mar aberto, no Golfo de Trieste.[Cómpre referencia]
Trieste é un cruzamento de culturas e relixións, consecuencia da súa posición xeográfica de fronteira e das vicisitudes históricas que a fixeron punto de encontro de moitos pobos e culturas. Na cidade de Trieste actualmente están presentes xunto aos italianos e a minoría eslovena que goza de recoñecemento oficial numerosos grupos étnicos minoritarios (croatas, serbios, romaneses, gregos, alemáns e grupos de recente asentamento como os albaneses, chineses, africanos e suramericanos.