Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.
Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
A tibia é un óso humano longo que ocupa a parte interna da perna. Recibe o nome vulgar de canela.
Estrutura
Presenta, como todo óso longo, unha epífise proximal, unha diáfise e unha epífise distal.
Epífise proximal: Ten unha forma cuboidea, e por iso, consta de seis superficies.
Superficie superior: Presenta dúas pequenas escavacións, destinadas a artellarse cos meniscos do xeonllo. Entre eles hai unha pequena espiña que separa dúas áreas de inserción: unha preespiñosa, onde se inserta o ligamento cruzado anterior do xeonllo; e unha retroespiñosa, onde se insire o ligamento cruzado anterior.
Superficie inferior: É unha zona de transición entre diáfise e epífise. Nos nenos aínda non se osifica ata a puberdade.
Superficie anterior: Atopamos dous tubérculos, un anterior (tubérculo tibial anterior), que permite a inserción do ligamento rotuliano; e un lateral (tubérculo do tibial anterior ou de Gerdy), onde remata o músculo tensor da fascia lata e comeza o músculo tibial anterior.
Superficie posterior: Insírese o músculo semimembranoso, formando tres tendóns:
Tendón directo: É o tendón que se insire no óso, e é o de maior funcionalidade.
Tendón reflectido: É un tendón que nace a nivel tibial. Segue por unha canle ósea por toda a superficie posterior ata a interna.
Tendón poplíteo oblicuo: Ascende cara a parte posterior do xeonllo.
Superficie interna: Insírese o ligamento lateral interno do xeonllo, que consta de dous planos:
Plano superficial: Máis longo e máis ancho co fondo. Cobre ó fondo e chega a cubrir ó tendón reflectido do semimembranoso.
Plano fondo: Máis curto e menos ancho.
Superficie externa: Insírese nela parte do músculo poplíteo e o ligamento lateral externo do xeonllo.
Diáfise
Superficie interna: Presta inserción ós músculos da pata de ganso na parte superior: