Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

Modelo:Xeografía políticaSankt Gallen
Sogn Gagl (rm-sursilv) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoSan Galo Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°25′24″N 9°22′38″L / 47.4233, 9.3772
Estado federadoSuíza
CantónsCantón de San Galo
Constituency of the canton of St. Gallen (en) TraducirSt. Gallen Constituency (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Cantón de San Galo
Canton of Säntis (en) Traducir
St. Gallen Constituency (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación75.833 (2018) Editar o valor en Wikidata (1.924,21 hab./km²)
Lingua oficiallingua alemá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie39,41 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porSitter (rio) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude675 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Gossau (pt) Traducir
Eggersriet (pt) Traducir
Gaiserwald (pt) Traducir
Stein (pt) Traducir
Teufen
Wittenbach (pt) Traducir
Mörschwil (pt) Traducir
Untereggen (pt) Traducir
Herisau (pt) Traducir
Speicher (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creacióndécada de 720 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoThomas Scheitlin (pt) Traducir (2007–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
International Association for Sports and Leisure Facilities (en) Traducir
KlimaBündnis-Städte Schweiz (en) Traducir
Aliança Climática (pt) Traducir (2005–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal9000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
UTC+01:00, horario estándar
UTC+02:00, horario de verán Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico071 Editar o valor en Wikidata
Código de municipio suízo3203 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Lugar do Patrimonio suízo

Sitio webstadt.sg.ch Editar o valor en Wikidata
Facebook: StadtSG Twitter: sanktgallen Instagram: stadtsg BNE: XX454270 Editar o valor en Wikidata

Sankt Gallen (De-StGallen.ogg Sankt Gallen en alemán, Saint-Gall en francés, San Gallo en italiano e Sogn Gagl en romanche) é unha cidade suíza, capital do distrito e do cantón de Sankt Gallen. Segundo datos do 2016 conta con 75.481 habitantes, o que a converte na sétima cidade do país.

A cidade é o centro económico e cultural da rexión leste de Suíza. A abadía de Sankt Gallen é a maior atracción turística da cidade e está inscrita na lista do Patrimonio da Humanidade da Unesco.

Xeografía

Sankt Gallen está situada na rexión nordeste de Suíza, nun val a aproximadamente 700 metros sobre o nivel do mar, o que fai que sexa unha das cidades de maior altura do país e que reciba unha gran cantidade de neve no inverno. O lugar está situado entre o lago de Constanza e os Alpes appenzellenses.

Os límites da cidade son: ao norte coas comunas de Gaiserwald, Wittenbach e Mörschwil, ao leste con Untereggen, Eggersriet e Speicher (AR), ao sur con Teufen (AR), Stein (AR) e Herisau (AR), e ao oeste con Gossau. Ademais, a cidade atópase dividida administrativamente en barrios e localidades: Bruggen, Hafnersberg, Heiligkreuz, Kräzern, Krontal, Lachen, Notkersegg, Riet, Rotmonten, Sankt Fiden, Sankt Georgen, Sittertal e Winkeln.

O centro da cidade está construído sobre un terreo inestable, os edificios do fondo do val atópanse construídos sobre pilotes. Un claro exemplo é a estación de trens e a praza adxacente.

Moeda conmemorativa do festival de tiro de Sankt Gallen de 1874

Historia

O comezo da urbanización da cidade débese ao monxe irlandés Gallus (ou Gall: *550; ?640), quen chegou como estudante do misioneiro Columbano de Lexehuil á zona do que hoxe é Suíza, para converter os alamáns ao cristianismo. Sobre o 720 o sacerdote alamán Othmar construíu unha abadía e deulle o nome de Abadía de St. Gallen. No 926, xinetes húngaros atacaron a vila e maila abadía e en 954 foi rodeada dunha muralla para protexela dos sarracenos.

Durante a Idade Media formou parte do Sacro Imperio Romano Xermánico, chegando a ser unha Cidade Imperial Libre (título que o emperador concedía a algunhas vilas polo cal el gobernaba directamente sobre elas sen a mediación de ningún príncipe) en 1311. Máis tarde os gremios gañaron o control do goberno civil, ata que lle mercaron a liberdade ao emperador xermánico Sexismundo de Luxemburgo, entrando a formar parte da Antiga Confederación Suíza en 1412.

En 1526 o humanista Joachim Vadian introduciu as ideas da Reforma protestante en St. Gallen. Deste xeito, a cidade converteuse á nova relixión, mentres que a abadía permaneceu fiel á fe católica ata 1803, no marco da desaparición da República Helvética creada cinco anos antes por Napoleón ao invadir a Antiga Confedración Suíza e sancionar a fin do Antigo Réxime. O feito supuxo a creación do cantón protestante de Sankt Gallen, do que a vila foi nomeada capital, e a deportación dos monxes católicos da abadía.

Sankt Gallen foi dende o século XV un importante centro da industria téxtil, acadando o seu clímax a principios do século XVIII. A partir de mediados do mesmo século iniciouse unha depresión na produción como consecuencia da competencia estranxeira, recuperándose novamente no XIX e principios do XX. Hoxe en día, só sobrevive unha pequena industria debido á alta especialización e á produción maioritariamente mecánica, mais de recoñecida calidade.

Transporte

A cidade conta cun denso sistema de transporte urbano, operado pola VBSG (Verkehrs Betriebe-Sankt Gallen). Ademais existe unha ampla rede de autobuses postais (Postauto) que conectan á cidade coa área de Appenzell. A cidade conta tamén cun sistema de trens rexionais (S-Bahn).

A estación de trens de Sankt Gallen ten unha excelente conexión coa rede de Ferrocarrís Federais Suízos. Os trens InterCity que conectan a cidade con Zürich saen cada media hora. A cidade é tamén sede dalgunhas empresas ferroviarias privadas como a Südostbahn (SOB) que conecta Sankt Gallen con Lucerna, as ferrovías de Appenzell (Appenzeller Bahnen) que a unen con Appenzell e a Trogenerbahn que a unen con Trogen.

Sankt Gallen conta co seu propio aeroporto, o aeroporto de St. Gallen-Altenrhein, que non é de gran tamaño e non recibe grandes voos comerciais. Atópase preto do lago de Constanza e recibe voos desde Viena e algúns outros destinos.

A cidade está conectada á Autoestrada A1 que a conectan con Sankt Margrethen, Zürich, Berna e Xenebra.

Cultura

O interior da abadía de Sankt Gallen constitúe un dos máis importantes monumentos barrocos de Suíza.

A Universidade de Sankt Gallen (en alemán, Universität St. Gallen (Hochschule für Wirtschafts-, Rechts- und Sozialwissenschaften HSG)), creada en 1898, ofrece formacións en ciencias económicas e sociais e en dereito. Considerada como unha das mellores universidades de lingua alemá, ademais de ser recoñecida a nivel mundial pola súa formación en ciencias económicas.

De acordo con datos do ano 2000 o 44% dos habitantes de Sankt Gallen son católicos e un 27% son protestantes, mentres que un 10% non practica ningunha relixión.

A abadía de Sankt Gallen é o emblema da cidade. Declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1983, ao considerala un perfecto exemplo dos mosteiros carolinxios, data do século VIII. A súa biblioteca, unha das máis ricas do mundo en libros medievais, contén obras do século IX.

Véxase tamén

Ligazóns externas