Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Samuel Frederick Smith 19 de maio de 1992 (32 anos) Londres, Reino Unido |
Residencia | Hampstead |
Educación | St Mary's Catholic School (en) Ed W. Clark High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantautor, compositor de cancións, músico, cantante, letrista, compositor |
Período de actividade | 2007 - |
Xénero artístico | Soul, R&B contemporáneo, música pop e Rhythm and blues |
Influencias | |
Tesitura | Contratenor e tenor |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | Capitol Records |
Familia | |
Parella | Brandon Flynn (2017–2018) |
Premios | |
| |
Sitio web | samsmithworld.com |
Samuel Frederick Smith[1], nado en Bishop’s Stortford o 19 de maio de 1992, é un cantante e compositor inglés. En 2014 acadou o Premio da Crítica dos Brit Awards[2][3] e o Sound of 2014 da BBC.[4][5]
Sam creceu en Primrose Hill, Londres, e traballou na tenda local de St. Johns Wood. Asistiu á escola de primaria St. Thomas e estudou na escola católica St. Mary de Bishops Stortford. Foi alumno do Youth Music Theatre do Reino Unido e protagonizou a súa obra "Oh! Carol" en 2007.[6] Durante varios anos estudou canto e composición coa cantante e pianista de jazz Joanna Eden.
Gañou popularidade mediante as súas colaboracións con Disclosure no sinxelo "Latch" lanzado en outubro de 2012, e con Naughty Boy en "La La La", que chegou ao número un no Reino Unido en maio de 2013.
Tamén en maio, lanzou un EP chamado Nirvana que consta de catro pistas, cuxa produción correspondeu a Two Inch Punch, Craze & Hoax e Jonathan Creek. Tamén inclúe unha versión acústica en solitario de "Latch" e unha versión en vivo de "He Told You Now".[7] En novembro de 2013 publicouse "Together", unha coprodución entre Disclosure, Nile Rodgers e Jimmy Napes onde Smith achegou a súa voz.
En maio de lanzouse o álbum de debut In the Lonely Hour a través de Capitol Records[8][9][10], no que participan como produtores Fraser T. Smith, Two Inch Punch, Simon Aldred e Eg White.[11] Un dos adiantos é o sinxelo "Money on My Mind", o seu primeiro número un no Reino Unido en solitario.[12]
Ano | Título | Mellores posicións | Álbum | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
R.U. [13] |
ALE [14] |
AUT [15] |
BEL [16] |
DIN [17] |
IRL [18] |
HOL [19] |
SUI [20] | |||
2013 | «Lay Me Down» | 46 | — | — | — | — | — | — | — | In the Lonely Hour |
2014 | «Money on My Mind» | 1 | 13 | 53 | 20 | 20 | 4 | 93 | 63 |
Ano | Título | Mellores posicións | Certificacións | Álbum | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
R.U. [13] |
ALE [14] |
AUS [21] |
AUT [15] |
BEL [16] |
DIN [17] |
FRA [22] |
HOL [19] |
IRL [18] |
ITA [23] |
SUI [20] | ||||
2012 | «Latch» (Disclosure con Sam Smith) |
11 | — | 49 | — | 22 | 39 | 132 | 80 | — | — | — | Settle | |
2013 | «La La La» (Naughty Boy con Sam Smith) |
1 | 2 | 5 | 3 | 3 | 2 | 6 | 4 | 3 | 1 | 2 | Hotel Cabana | |
«Together» (Disclosure, Sam Smith, Nile Rodgers e Jimmy Napes) |
135 | — | — | — | 78 | — | — | — | — | — | — | Settle: The Remixes |