Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
SK Slavia Praha | |||
---|---|---|---|
Nome | Sportovní Klub Slavia Praha | ||
Alcume(s) | Sešívaní | ||
Fundación | 31 de maio de 1892 (132 anos) | ||
Estadio | Stadion Eden, Praga, República Checa | ||
Inauguración | 7 de maio de 2008 | ||
Capacidade | 21.000 | ||
Presidente | Jaroslav Tvrdík | ||
Adestrador | František Straka | ||
Liga | 1. Liga | ||
2023-24 | 2º | ||
Vestimenta | Umbro | ||
Na rede | |||
http://www.slavia.cz/ | |||
| |||
O Slavia Praga (nome completo en checo: Sportovní klub Slavia Praha - fotbal, a.s.) é un dos principais clubs de fútbol da República Checa. Ten a súa sede está na cidade de Praga. Foi fundado o 31 de maio de 1892, sendo un dos clubs checos de fútbol máis antigos.
O seu principal rival é o Sparta Praga. O clásico, é considerado como a maior rivalidade do país, é coñecido como Derbie S.[1]
O club xoga actualmente os seus partidos no Stadion Eden de Praga, que ten capacidade para 21.000 espectadores, inaugurado o 7 de maio do 2008. É considerado o estadio de fútbol máis moderno do país. Anteriormente, a súa sede era no Stadion Evžena Rošického.
A empresa que controla o club, a ENIC Sports Ltd, tamén controla clubs importantes en Europa como o Tottenham e o AEK Atenas.
O feito de que a camiseta sexa metade branca e metade vermella simboliza a dicotomía da vida.
Nos seus inicios, o club gañou numerosos campionatos e copas na rexión de Bohemia, mesmo mais que o Sparta, o seu principal rival. Na Copa do Mundo de 1934, a subcampioa Checoslovaquia posuía 8 xogadores do Slavia. Entre 1905 e 1930, o equipo era unha sensación europea, tendo gañado 134 dos 169 partidos que disputou.[1]
Na primeira metade do século XX, era o club checo máis laureado, cuxos títulos incluían unha Copa Mitropa, principal torneo europeo da época, no ano 1938, eliminando nos cuartos de final ao Inter de Milán con marcadores de 9 a 0 en Praga, antes de perder por 3 a 1 en Italia. Na semifinal, derrotou ao daquela poderoso Genoa, perdendo por 4 a 2 en Italia, mais gañando por 4 a 0 en Checoslovaquia. Na final, venceu ao Ferencváros. Na capital checa, o partido empatou a 2, gañando en Hungría por 2 a 0, garantindo o título. O club xa fora subcampión na terceira edición do torneo, perdendo en 1929 a final contra o Újpest, de Hungría.
Os anos de éxito duraron ata a instauración do réxime comunista no país. Pola súa orixe na clase intelectual e estudantil, o Slavia foi perseguido polo goberno, e os seus mellores xogadores foron forzados a xogar no outro equipo da cidade, o Dukla Praga.[1] O Slavia, que gañara dez campionatos checoslovacos antes do comunismo, gañou apenas un máis en 1947,[2] e nas décadas seguintes viviu unha forte decadencia, chegando a disputar a segunda división. O club só se reafirmou coa fin do comunismo. Cando gañou o campionato checo de fútbol de 1996, rachando con case medio século sen títulos.[1]
Nos anos posteriores viviu no dominio do arquirrival Sparta, que se consolidou como principal equipo checo coa decadencia do Slavia e do Dukla. O equipo viu como o seu rival gañaba dez títulos da liga ata volver gañala no 2008, sendo subcampión no 2009, recuperando o equilibrio co Sparta no que se refire aos campionatos checos: considerando os torneos da rexión disputados na época austro-húngara e os da época do Protetorado da Bohemia e Moravia (estado correspondente á actual República Checa durante a segunda guerra mundial), o Slavia é o equipo máis laureado con quince títulos, un máis que o rival.[3]
Actualmente, con menos sona que outras rivalidades europeas, o Derbie S é recoñecido como un dos clásicos máis feroces do mundo. En toda a súa historia, apenas sete xogadores cambiaron dun club directamente ao outro.[1][4]
O principal xogador da historia do club é probablemente o austríaco (despois nacionalizado checo) Josef Bican, un dos maiores goleadores de tódolos tempos, que en 8 tempadas no club marcou 328 goles.
Outros xogadores importantes foron os checos František Plánička (que disputou 969 partidas co Slavia dende 1923 ata 1939), Patrik Berger, Karel Poborský e Vladimír Šmicer.