Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
(2005) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de agosto de 1931 (93 anos) Colchester, Reino Unido (pt) |
Cátedra Rouse Ball de Matemática (pt) | |
1973 – 1999 ← Charles Coulson – Philip Candelas (pt) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Agnosticismo |
Educación | University College de Londres (–1955) Universidade de Cambridge (1955–1958) University College School (pt) (1945–) |
Tese académica | Tensor Methods in Algebraic Geometry (en) (1958 ) |
Director de tese | John Arthur Todd (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Física, física matemática e matemáticas |
Ocupación | matemático, profesor universitario, astrónomo, filósofo, físico, astrofísico |
Empregador | Universidade de Leiden, Dutch extraordinary professor (en) . Faculdade de Matemática e Ciências Naturais (pt) (2011–) Universidade de Leiden, Lorentz Chair (en) (2011–2011) Gresham College (en) (1998–) Universidade de Oxford (1973–1998) Birkbeck College (1964–1973) |
Membro de | Academia Naciona de Ciencias dos Estados Unidos (asociado estranxeiro da Academia Nacional de Ciencias) (1998–) Academia de Ciências da Polónia (pt) Royal Society Academia das Artes e das Ciencias dos Estados Unidos International Society on General Relativity and Gravitation (en) Oxford University Scientific Society (en) Accademia Nazionale dei Lincei Associação Humanista Britânica (pt) Academia Europaea |
Profesores | William Vallance Douglas Hodge (pt) , Hermann Bondi, Paul Dirac e Dennis William Sciama (pt) |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables | |
Doutorando | Claude LeBrun (pt) , Tristan Needham (pt) , Richard Jozsa (en) , Richard S. Ward (pt) , Andrew Hodges, Asghar Qadir (pt) , Lane P. Hughston (pt) , Tim Poston (pt) , Adam Helfer (en) , Kenneth Paul Tod (en) , William Shaw (pt) , George A. J. Sparling (en) , George Burnett-Stuart (en) , Ross Moore (en) , Matthew L. Ginsberg (en) , Peter R. Law (en) , A. J. Goddard (en) , John M. McNamara (en) , Arthur Gary Ryman (en) , B. P. Jeffryes (en) , Robert J Low (en) , Alejandro Miguel Pilato (en) , Klaus G. Pulverer (en) , Thomas R. Hurd (en) , Alexander S. Popovic (en) , Robert James Baston (en) , Michael C. Sheppard (en) , Stephen A. Huggett (en) , John Moussouris (en) , Toby N. Bailey (en) , P. E. Jones (en) , Simon Williams (en) e Michael A. Singer (en) |
Outro | |
Título | Knight Bachelor |
Cónxuxe | Vanessa Thomas (1988–) Joan Isabel Wedge (1959–1981), divorcio |
Pais | Lionel Penrose e Margaret Leathes |
Irmáns | Shirley Hodgson Jonathan Penrose Oliver Penrose |
Parentes | Roland Penrose, tío |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Physicists: Biographical Dictionary (en) , (p.211) |
Roger Penrose, nado en Colchester (Essex) o 8 de agosto de 1931, é un físico matemático inglés. É coñecido particularmente polas súas contribucións á teoría da relatividade xeral e á cosmoloxía. Tamén destacou no ámbito das matemáticas recreativas e a filosofía. Foi Premio Nobel de Física en 2020 xunto con Reinhard Genzel e Andrea Ghez.[1]
Penrose é fillo do científico Lionel Penrose e de Margaret Leathes, e irmán do matemático Oliver Penrose e o xogador de xadrez Jonathan Penrose.
En 1955, cando era estudante reinventou a “inversa xeneralizada”, tamén coñecida como inversa Moore-Penrose.[2] Conseguiu o seu doutoramento en Cambridge en 1958, cunha tese sobre métodos tensores en xeometría alxébrica baixo a supervisión de John A. Todd. En 1965 Penrose e o físico Stephen Hawking probaron que aas singularidades poden formarse a partir do colapso de inmensas estrelas moribundas.[3]
En 1967 inventou a teoría de twistores que mapea obxectos xeométricos dun espazo de Minkowski nun espazo complexo en catro dimensións coa signatura métrica (2,2). En 1969 propuxo a hipótese da censura cósmica, que conxectura que o universo nos protexe da impredicibilidade inherente das singularidades (como os buracos negros) ocultándoos da vista. Esta forma coñécese actualmente como a hipótese feble da censura; en 1979, Penrose formulou unha versión máis firme chamada hipótese forte da censura. Xunto coa conxectura BKL e os problemas coa estabilidade non linear, resolver a conxectura da censura cósmico é un dos problemas máis importantes da teoría da relatividade.
Penrose é coñecido polo seu descubrimento en 1974 dos teselados que reciben o seu nome, que están formados de dúas teselas que só poden teselar o plano de forma aperiódica. En 1984 atopáronse padróns similares na organización de átomos en cuasicristais.
A súa contribución máis importante pode considerarse a invención das redes de spin (1971). Tamén influíu na popularización dos diagramas causales, coñecidos como diagramas de Penrose.
En 2020 recibe o Premio Nobel de Física.