Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Königreich Württemberg (de) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
Estado histórico | Imperio Alemán | |||
Capital | Stuttgart | |||
Poboación | ||||
Poboación | 2.437.574 (1910) (124,95 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua alemá | |||
Relixión | luteranismo | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 19.508 km² | |||
Datos históricos | ||||
Precedido por | Ducado de Württemberg, Confederación Xermánica, Casa de Hohenlohe-Langemburgo (pt) e Principality of Krautheim (en) | |||
Creación | 1 de xaneiro de 1806 | |||
Disolución | 6 de novembro de 1918 | |||
Sucedido por | Estado Popular Livre de Württemberg (pt) | |||
Organización política | ||||
Forma de goberno | monarquía constitucional | |||
Membro de | ||||
Moeda | Württemberg gulden (en) | |||
O Reino de Württemberg (en alemán, Königreich Württemberg) foi un antigo Estado localizado no suroeste da actual Alemaña. A súa capital era a cidade de Stuttgart.
Foi fundado o 1 de xaneiro de 1806 como reino soberano a instancias do emperador dos franceses, Napoleón Bonaparte, que loitaba pola hexemonía política. O reino xurdira do Ducado de Württemberg (que foi elevado ao Electorado en 1803). O seu territorio orixinal, que tamén era coñecido como Altwürttemberg, fora recentemente ampliado moito pola Reichsdeputationshauptschluss e a Paz de Pressburg, principalmente no sur e no leste, polo que case se duplicara a súa área xeográfica.
Württemberg foi de 1806 a 1813 membro da Confederación do Rin, que estaba orientada polos intereses de Francia, e despois do final das Guerras napoleónicas tras as decisións do Congreso de Viena de 1815 a 1866 membro da Confederación Alemá. Despois da Guerra franco-prusiana de 1870/71, o reino uniuse ao primeiro estado-nación alemán proclamado como un pequeno imperio alemán baixo o liderado prusiano.
Sobre a base da constitución de 1819,[1] desenvolveuse ao longo dos anos unha monarquía constitucional temperá con correntes liberais e democráticas relativamente fortes en comparación con moitos outros estados alemáns, que foron capaces de se afirmaren e se faceren máis fortes mesmo despois da represión da Revolución alemá de 1848/49, que foi en gran parte pacífica en Württemberg.
Como resultado da derrota alemá na Primeira guerra mundial e da Revolución de novembro de 1918, o rei Guillerme II de Württemberg renunciou ao trono como un dos últimos monarcas alemáns. Württemberg transformouse nunha democracia parlamentaria e seguiu sendo parte do Reich alemán na República de Weimar como Estado Libre Popular de Wurtemberg.
En 1952, o seu antigo territorio foi absorbido polo actual estado de Baden-Württemberg.
O novo estado formouse a partir do antigo Ducado de Württemberg, coñecido tamén como Altwürttemberg (Antigo Württemberg), ao que se anexionaran territorios ao leste e ao sur durante as receentes secularizacións (Reichsdeputationshauptschluss) e a Paz de Presburgo.
Foi proclamado reino independente por intervención de Napoleón Bonaparte no marco das guerras napoleónicas. Frederico II, duque de Wurtemberg, asumiu o título de rei Frederico I o 1 de xaneiro de 1806. Abrogou a constitución e uniu o Vello e o Novo Württemberg. Posteriormente, colocou as propiedades da igrexa baixo o control do goberno e estendeu en gran medida as fronteiras do reino.
En 1806, Frederico uniu o reino á Confederación do Rin, e recibiu máis territorios con 160 000 habitantes. Máis tarde, polo tratado de Schönbrunn de outubro de 1809, ao redor de 110 000 persons máis quedaron baixo o seu goberno. A cambio destes favores, Frederico uniuse ao emperador francés nas súas campañas contra o Reino de Prusia, o Imperio austríaco e o Imperio ruso. Dos 16 000 dos seus súbditos que marcharon a Moscova, só uns poucos centos regresaron.
Despois da batalla de Leipzig, en outubro de 1813, Frederico abandonou o emperador francés e, mediante un tratado con Metternich en Fulda, en novembro dese ano, asegurou a confirmación do seu título real e dass súas recentes adquisicións de territorios. Mentres tanto, as súas tropas marcharon a Francia cos aliados.
Despois da caída de Napoleón, o Congreso de Viena confirmou as recentes adquisicións territoriais de Württemberg, confirmando a dignidade do reino. En 1815, Württemberg uniuse á Confederación Xermánica. No mesmo ano, o rei presentou aos representantes do seu pobo o esqeuma dunha nova constitución, pero eles rexeitárona. Frederico morreu o 30 de outubro de 1816.
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |