Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Tipo | Estuario | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
División administrativa | Provincia de Huelva, España | ||
A Ría de Huelva é un estuario que se atopa ao sur da provincia de Huelva, esténdese entre as localidades de Huelva, Punta Umbría e Palos de la Frontera, formado pola confluencia dos ríos Odiel e Tinto e recibindo as augas diariamente do océano Atlántico.
Ás súas beiras atópase a cidade de Huelva, o Mosteiro de La Rábida de Palos de la Frontera, Punta Umbría, o Porto de Huelva e o Polo Químico. Dentro do medio natural son importantes as pequenas illas de Enmedio, Saltés, do Burro, Bacuta, da Liebre (catalogadas pola Xunta de Andalucía como Reservas integrais) que conforman a Paraxe Natural de Marismas do Odiel[1] e as distintas lagoas da zona. De importancia arqueolóxica foi o achado a principios dos anos 1920 nas súas augas do denominado "Depósito da Ría de Huelva" datado no 1.200 a.C.[2] con diferentes obxectos datados na idade de bronce ou nos anos 1970 de figurillas representado ás divindades sirias Reshef e Anath.