Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Ferreiriño cristado | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
En Segovia | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Lophophanes cristatus' (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||
O Ferreiriño cristado (Lophophanes (Parus) cristatus) é unha ave da familia dos Páridos.
É unha especie pequena de 11,5 cm de lonxitude, peso de 11 gramos e envergadura de 17–20 cm. Morfoloxicamente os machos son iguais ás femias.
Ave estritamente forestal, o seu hábitat predilecto son as fragas de coníferas aínda que tamén se adapta a fragas mixtas con gran densidade forestal.
A base da súa alimentación son os insectos, sementes de coníferas e arácnidos.
O período de cría vai de abril a xullo, podendo facer 1 ou dúas postas. O niño adoita estar en ocos de árbores ou en fendas de rochas. Cada posta consta entre 5 e 8 ovos, cun tempo de incubación de 13 a 15 días. Os polos permanecen no niño entre 17 e 21 días trala eclosión.
Presente en toda Europa Occidental e Central (excepto Italia e Inglaterra). Está presente tamén no sur de Escandinavia.