Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
O néctar é unha substancia acuosa secretada polos vexetais a través de glándulas especializadas. A súa constitución química xeralmente inclúe azucres en cantidades variables de acordo coa especie.
Normalmente o néctar é aproveitado por certos animais (insectos, aves e mamíferos) como fonte de auga e hidratos de carbono, e estes animais procuran as plantas nectaríferas para a súa alimentación. En contrapartida, moitas especies vexetais presentan glándulas de néctar (nectarios) nas súas flores, de xeito que, ao visitar esta fonte de néctar, o animal fatalmente irá esvarar nas anteras e cargar o pole para outras flores, efectuando así a polinización. Esta relación mutua entre plantas e animais, intermediada polo néctar, ten evolucionado e unha miríade de especies vexetais e animais, coas máis variadas adaptacións morfolóxicas, xurdiran así sobre a Terra.
O néctar tamén pode ser producido noutros órganos das plantas, onde asumen función protectora. En certas especies, como nos xéneros Passiflora, Croton e Impatiens. As especies Passifora, ou Passifloraceae, Croton e Impatiens son especies vexetais utilizadas pola homeopatía, polas súas características curativas. Nalgunhas plantas o néctar é producido por glandulares nas follas ou no talo. As formigas son atraídas por estas fontes de azucre, e atacan a calquera outro animal que se aproxime á planta, protexéndoa contra posibles predadores. En máis este caso, hai unha relación con vantaxes mutuas intermediada polo néctar.
Na iconografía, o néctar é o líquido precioso da compaixón que verte do vaso dos bodhisattvas, ou seres xa iluminados, como Kuan Yin, que asumiran o compromiso de axudar os que aínda sofren na Terra[1].