Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
O movemento, no plano mecánico, é un fenómeno físico que se define como todo cambio de posición que experimentan os corpos dun sistema ou conxunto no espazo con respecto a eles mesmos ou conforme a outro corpo que serve de referencia. Todo corpo en movemento describe unha traxectoria.
A parte da física que se encarga do estudo do movemento sen estudar as súas causas é a cinemática. A parte da física que se encarga do estudo das causas do movemento é a dinámica.
A "inquietude" do ser humano por coñecer as causas do movemento procede da Antigüidade. Así, filósofos gregos coma Tales de Mileto (c. 639-547 a.C.) ou Aristóteles (384-322 a. C.) elaboraron teorías acerca do movemento dos corpos.
Porén, as afirmacións de Aristóteles e outros filósofos gregos sobre o movemento non tiñan fundamento empírico, é dicir, non tiñan o soporte da experimentación, xa que os filósofos gregos estudaban os fenómenos naturais máis dende a razón pura que dende a experimentación.
As ideas de Aristóteles sobre o movemento eran:
As ideas de Aristóteles sustituíronse polas de Galileo e as de Newton ao longo do século XVII, época na que instaurouse o método científico.
Os experimentos de Galileo sobre corpos que rodaban por un plano inclinado permitíronlle describir o movemento dos corpos, mais non analizou as causas que o producen, aspecto que si estudou Newton.
Algunhas das conclusións ás que chegou Galileo son: