Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Nome orixinal | (ru) Михаи́л Алекса́ндрович Баку́нин |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de maio de 1814 Premukhimo, Rusia (pt) |
Morte | 1 de xullo de 1876 (62 anos) Berna, Suíza |
Lugar de sepultura | Bremgarten cemetery (en) |
Ideoloxía política | Anarquismo |
Relixión | Ateísmo |
Educación | Mikhailovsky Artillery School (en) (1829–1834) Universidade Humboldt de Berlín |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía |
Lugar de traballo | Dresden |
Ocupación | filósofo, anarquista, político, escritor, revolucionario |
Período de tempo | Filosofia do século XIX (pt) |
Membro de | |
Movemento | Anarquismo, ateísmo e Filosofía occidental |
Influencias | Ernst Theodor Amadeus Hoffmann, Alexander Herzen, Nikolay Ogarev (pt) , Pierre Joseph Proudhon, Jean-Jacques Rousseau, Ludwig Feuerbach, Karl Marx, Georg Wilhelm Friedrich Hegel e Fiódor Dostoievski |
Carreira militar | |
Rango militar | praporshchik (en) (1833–) junker (en) (1829–) |
Obra | |
Obras destacables | |
Arquivos en | |
Familia | |
Familia | Bakunin (en) |
Cónxuxe | Antonia Kwiatkowska |
Fillos | Giulia Sofia Bakunin, Maria Bakunin |
Pais | Aleksandr Bakunin e Varvara Muravyova |
Irmáns | Tatyana Bakunina Pavel Bakunin Alexander Bakunin Aleksey Bakunin |
Parentes | Renato Caccioppoli, neto |
Descrito pola fonte | Concise Literary Encyclopedia (en) , (vol:1), Encyclopædia Britannica Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Mikhail Aleksandrovich Bakunin (en cirílico Михаил Александрович Бакунин), nado en Pryamukhino o 30 de maio de 1814 e finado en Berna o 1 de xullo de 1876, foi un anarquista ruso, un dos pais da teoría anarquista.
Bakunin naceu no seo dunha familia aristocrática, en 1828 trasladouse a San Petersburgo para recibir instrución militar, logo da súa graduación (1832) serviu en Minsk e Gardinas, en 1835 en contra dos desexos do seu pai deixa o exército e marcha a Moscova para estudar filosofía, en 1840 nunha estadía en Berlín únese ao movemento socialista, aséntase en Suíza e participa activamente nas actividades socialistas, o goberno ruso confiscoulle as propiedades cando Bakunin se negou a regresar a Rusia. En 1849 participou na revolta de maio en Dresden, polo que foi condenado a morte, que lle foi conmutada por cadea perpetua, levado a Rusia, en 1855 o goberno envíao a Siberia oriental ata que foxe ao Xapón. Chega a Inglaterra en 1861. Bakunin permanecerá o resto da súa vida no exilio, sobre todo en Suíza. En 1869 fundou a Alianza Social Democrática, pero diante da negativa a permitirlle afiliarse á Primeira Internacional, a alianza disólvese e os diferentes grupos que a formaban entran na Internacional. En 1870 tenta unha revolta fanada en Lión. Os desacordos con Marx, en especial á necesidade dun Estado dos traballadores, que Bakunin nega, levan á expulsión de Bakunin da Primeira Internacional en 1872.