Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

Modelo:BiografíaMaria Mutola

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Maputo, Mozambique Editar o valor en Wikidata
EducaciónSpringfield High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura165 cm Editar o valor en Wikidata
Peso63 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmediofondista, futbolista Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo
fútbol Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivacorrida de meia-distância (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDianteira Editar o valor en Wikidata
Participou en
2008Xogos Olímpicos de 2008
15 de marzo de 2006Jogos da Commonwealth de 2006 (pt) Traducir
2004Xogos Olímpicos de 2004
2002Jogos da Commonwealth de 2002 (pt) Traducir
2000Xogos Olímpicos de 2000
1998Jogos da Commonwealth de 1998 (pt) Traducir
1996Xogos Olímpicos de 1996
1992Xogos Olímpicos de 1992
1988Xogos Olímpicos de 1988 Editar o valor en Wikidata
Familia
ParentesTina Paulino, curmá Editar o valor en Wikidata
Premios
  • (7 de xuño de 2006)  Ordem Eduardo Mondlane, primeiro grau (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of African Biography, Editar o valor en Wikidata
Sitio webmariamutola.com Editar o valor en Wikidata
IAAF: 14291362 Olympic.org: maria-mutola Editar o valor en Wikidata

Maria de Lurdes Mutola, nada en Maputo o 27 de outubro de 1972, é unha atleta mozambicana especialista na proba dos 800 metros que foi campioa olímpica nos Xogos de Sydney 2000[1] e que gañou numerosas medallas en campionatos mundiais e Xogos da Commonwealth.

Traxectoria

Inicios

O seu pai era empregado do ferrocarril e a súa nai traballaba de vendedora. Na súa adolescencia era unha boa xogadora de fútbol, e sempre xogaba con mozos xa que onde vivía non existían equipos de mozas.

Comezou no atletismo en 1988. O seu primeiro adestrador foi Stelio Craveirinha, un antigo saltador de lonxitude e fillo do famoso escritor mozambicano José Craveirinha.

Despois de só uns meses de adestramento, logrou unha medalla de prata nos 800 metros dos Campionatos de África disputados en Annaba, só por detrás da alxeriana e futura campioa olímpica de 1500 m Hassiba Boulmerka. Pouco despois participou nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988, onde a pesar de facer a súa mellor marca persoal con 2:04,36 non logrou pasar da primeira rolda clasificatoria. Tiña só 15 anos e era unha das participantes máis novas dos Xogos.

En 1990 conseguiu as súas primeiras vitorias importantes, proclamándose no Cairo campioa de África tanto en 800 como en 1500 metros. Posto que no seu país non tiña demasiados medios para adestrar e tampouco rivais ao seu nivel, en 1991 marchou a Oregón, nos Estados Unidos, para estudar e adestrar grazas a un programa de solidariedade patrocionado polo Comité Olímpico Internacional.

Nos Estados Unidos entrou en contacto con Margo Jennings, que foi a súa adestradora durante máis dunha década e coa que chegou a conseguir os seus maiores éxitos. Mutola pasou longas tempadas en Suráfrica compartindo adestramentos xunto a outras atletas de primeiro nivel como a británica Kelly Holmes, grande amiga e rival súa.

A competición que a deu a coñecer internacionalmente foron os Campionatos do Mundo ao aire libre de Toquio 1991, onde conseguiu o 4.º posto nos 800 metros cun tempo de 1:57,63 que era a súa mellor marca persoal.

Nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 había certas expectativas de que lograse gañar a primeira medalla olímpica na historia do seu país. Aínda que se clasificou para a final e fixo unha boa carreira, batendo a súa mellor marca persoal con 1:57,49 só puido terminar en 5.ª posición. Neses mesmos Xogos tamén se clasificou para a final dos 1.500 metros, terminando en 9.ª posición.

Nese ano obtivo a vitoria na Copa do Mundo da Habana, e tamén foi a única atleta que conseguiu vencer durante o ano á campioa olímpica Ellen van Langen, que gañou 10 das 11 probas que disputou.

Campioa do mundo

A partir de 1993 Maria Mutola converteuse durante varios anos na gran dominadora dos 800 metros a nivel mundial. Ese ano proclamouse campioa do mundo tanto ao aire libre (en Stuttgart) como en pista cuberta (en Toronto), e liderou ademais a clasificación mundial do ano con 1:55,43 feitos precisamente na final de Stuttgart, onde gañou cunha vantaxe de máis de dous segundos, a maior na historia dos mundiais nesta proba.

O 17 de agosto de 1994 na Reunión Weltklasse de Zürich realizou a que foi a mellor marca da súa vida nos 800 m con 1:55,19. Era a sétima mellor marca mundial de todos os tempos.

En 1995 revalidou en Barcelona o título mundial en pista cuberta. Era tamén a gran favorita para gañar en Gotemburgo o título mundial ao aire libre. Con todo foi descualificada nas semifinais por pisar a liña interior da súa rúa.

O 28 de agosto dese ano, no Memorial Ivo van Damme de Bruxelas, estableceu unha nova marca mundial na proba de 1000 metros con 2:29,34 converténdose na primeira muller en baixar da barreira dos 2:30.

Tras varios anos de dominio, sufriu unha certa decepción nos Xogos Olímpicos de Atlanta 1996. Non perdera nin unha soa final de 800 metros dende había catro anos. Con todo na final olímpica de Atlanta tívose que conformar coa medalla de bronce, trala rusa Svetlana Masterkova e a cubana Ana Fidelia Quirós Moret. Ademais ese mesmo ano perdeu a súa marca mundial dos 1000 metros a mans de Masterkova, que fixo 2:28,98 min en Bruxelas pouco despois dos Xogos.

En 1997 obtivo en París o seu terceiro título mundial consecutivo en pista cuberta a pesar de non chegar nas mellores condicións, xa que pouco tempo antes o seu pai morrera nun accidente de coche. Mutola levou un lazo negro e dedicoulle a vitoria ao seu pai.

Xa no verán, logrou a medalla de bronce nos Campionatos do Mundo ao aire libre de Atenas, por detrás da cubana Ana Fidelia Quirós e da rusa Yelena Afanasieva.

En 1998 volveu ser a gran dominadora da súa proba, achegándose á súa mellor marca persoal con 1:56,11 en Zürich, e logrando a vitoria nas tres competicións máis importantes do ano: os Xogos da Commonwealth de Kuala Lumpur, a Copa do Mundo de Xohanesburgo e os Goodwill Games de Nova York.

En 1999 foi derrotada tanto nos mundiais en pista cuberta de Maebashi como nos mundiais ao aire libre de Sevilla pola checa Ludmila Formanová, debendo conformarse Mutola co segundo posto. Tamén foi a segunda da clasificación mundial do ano con 1:56,04 feitos en Zürich, trala rusa Masterkova que fixo 1:55,87 en Moscova.

Campioa olímpica

O momento culminante da súa carreira deportiva chegou nos Xogos Olímpicos de Sídney 2000, no que era a súa cuarta participación olímpica. Na final celebrada o 25 de setembro conseguiu alzarse coa medalla de ouro con 1:56,15 batendo a austríaca Stephanie Graf e a británica Kelly Holmes. Trala súa vitoria olímpica regresou a Mozambique convertida nunha heroína nacional, con miles de persoas recibíndoa nas rúas.

A pesar de conseguir xa o único título que lle faltaba, nos anos seguintes continuou a ser a mellor do mundo sen discusión. Logrou a medalla de ouro nos Campionatos do Mundo ao aire libre de Edmonton 2001 e París 2003, así como nos Campionatos do Mundo en pista cuberta de Lisboa 2001, Birmingham 2003, Budapest 2004 e Moscova 2006.

Deste xeito completaba un refacho incrible de nove títulos mundiais nos 800 metros: tres ao aire libre e seis en pista cuberta, algo que non conseguiu ningún outro atleta, home ou muller, na historia.

Ademais dos seus títulos mundiais, en 2002 logrou en Manchester a súa segunda vitoria nos Xogos da Commonwealth. En 2003 permaneceu imbatida e gañou o premio dun millón de dólares que concede a IAAF ao atleta que consegue gañar todas as probas da Golden League.

Nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004 tentou converterse na primeira muller na historia en revalidar o título olímpico nos 800 metros. Aínda que non chegou en plenas condicións físicas debido a unha lesión, loitou pola vitoria ata os últimos metros. Ía en primeira posición na recta de chegada, pero acabou sendo superada por tres atletas, e tivo que conformarse coa 4.ª posición final. A medalla de ouro correspondeu á súa amiga e compañeira de adestramentos Kelly Holmes.

En 2005 as lesións continuaron impedíndolle render ao seu mellor nivel, sendo batida por rivais ás que en condicións normais gañaría sen problemas. Nos mundiais de Helsinqui, de novo quedou fóra das medallas, en 4.ª posición.

Ese ano decidiu cambiar de adestrador, deixando a Margo Jennings. En 2006 regresou outra vez nun bo estado de forma, logrando a vitoria nos mundiais en pista cuberta de Moscova.

Ademais de polos seus éxitos deportivos, Maria Mutola distínguese pola súa activa participación en causas humanitarias de apoio aos máis desfavorecidos. En 2003 foi nomeada Embaixadora das Nacións Unidas para a infancia nunha cerimonia celebrada en Maputo.

Creou a Fundación Lurdes Mutola, á que destina parte das súas ganancias, dedicada á promoción do deporte e a educación entre os mozos do seu país. Tamén colaborou en campañas de vacinación contra a polio e outras enfermidades.

Na cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de Inverno de Turín 2006, foi unha das oito deportistas escollidas para portar a bandeira olímpica.

Maria Mutola foi unha das principais figuras do atletismo mundial da súa época. Aínda que non bateu a marca mundial da súa principal proba, o seu palmarés inclúe un total de nove títulos mundiais, un olímpico, dous da Commonwealth e catro na Copa do Mundo.

Resultados

Ano Competición Lugar Posto Marca
1991 Campionato do Mundo Toquio 4.ª en 800 m 1:57,63
1992 Xogos Olímpicos Barcelona 5.ª en 800 m 1:57,49
1992 Copa do Mundo A Habana 1.ª en 800 m
3.ª en 4×400 m
2:00,47
3:31,90
1993 Campionato do Mundo Indoor Toronto 1.ª en 800 m 1:57,55
1993 Campionato do Mundo Stuttgart 1.ª en 800 m 1:55,43
1994 Goodwill Games San Petersburgo 1.ª en 800 m 1:57,63
1994 Copa do Mundo Londres 1.ª en 800 m 1:58,27
1995 Campionato do Mundo Indoor Barcelona 1.ª en 800 m 1:57,92
1996 Xogos Olímpicos Atlanta 3.ª en 800 m 1:58,71
1997 Campionato do Mundo Indoor París 1.ª en 800 m 1:58,96
1997 Campionato do Mundo Atenas 3.ª en 800 m 1:57,59
1998 Xogos da Commonwealth Kuala Lumpur 1.ª en 800 m 1:57,60
1998 Goodwill Games Nova York 1.ª en 800 m 1:58,83
1998 Copa do Mundo Xohanesburgo 1.ª en 800 m 1:59,88
1999 Campionato do Mundo Indoor Maebashi 2.ª en 800 m 1:57,17
1999 Campionato do Mundo Sevilla 2.ª en 800 m 1:56,72
2000 Xogos Olímpicos Sydney 1.ª en 800 m 1:56,15
2001 Campionato do Mundo Indoor Lisboa 1.ª en 800 m 1:59,74
2001 Goodwill Games Brisbane 1.ª en 800 m 1:58,76
2001 Campionato do Mundo Edmonton 1.ª en 800 m 1:57,17
2002 Xogos da Commonwealth Manchester 1.ª en 800 m 1:57,35
2002 Copa do Mundo Madrid 1.ª en 800 m 1:58,60
2003 Campionato do Mundo Indoor Birmingham 1.ª en 800 m 1:58,94
2003 Campionato do Mundo París 1.ª en 800 m 1:59,89
2004 Campionato do Mundo Indoor Budapest 1.ª en 800 m 1:58,50
2004 Xogos Olímpicos Atenas 4.ª en 800 m 1:56,51
2005 Campionato do Mundo Helsinqui 4.ª en 800 m 1:59,71
2006 Campionato do Mundo Indoor Moscova 1.ª en 800 m 1:58,90
2006 Xogos da Commonwealth Melbourne 3.ª en 800 m 1:58,77

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas