Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

Editar as ligazóns
Mapa nunha obra de Johannes Kepler

Un mapa é unha representación que ilustra a xeografía dun lugar. Trátase dunha representación bidimensional dun territorio no que se aprecia a deformación terrestre. A ciencia da elaboración e fabricación de mapas denomínase cartografía. Dentro desta disciplina salienta o proceso de planificación, que consiste en proxectar unha superficie curva (como é a Terra) sobre outra de natureza plana.

Historia

Os mapas máis antigos que se coñecen foron atopados pintados nunha parede en Çatal Hüyük, na Turquía, e están datados sobre o ano 6200 a.C. Coa invención do papel, os mapas pasaron a deseñarse en follas, e de aí provén o sinonímico carta (talvez de aí subsista case como sinónimo a palabra carta. Na Idade Media, os mapas en uso en Europa centrábanse en Xerusalén, e co oriente para riba.

Un dos grandes pasos na evolución dos mapas deuse na época dos Descubrimentos, cando as áreas representadas eran ben maiores do que ata o momento se pensara, e existía a necesidade de obter bos niveis de precisión posicional para navegar con relativa seguridade (cómpre lembrar que na época estabelecíase a execución do capitán de navío que perdese o rumbo, así como a do membro da tripulación que alterase a compás).

Aspectos da cartografía

Se o mapa cobre unha grande área da superficie terrestre, de modo a que a curvatura da Terra ou a ondulación do xeoide poidan influír na medición de distancias e na precisión pretendida na representación, terase de escoller unha proxección cartográfica. Matematicamente, esta é unha función que transforma coordenadas polares ou xeodésicas (latitude, lonxitude) en coordenadas do plano do mapa. Necesariamente, isto provoca distorsión.

Un dos elementos fundamentais dos mapas modernos é a presenza dunha escala, que permite determinar as dimensións reais dos obxectos cartografados e medir distancias (a escala é un cociente entre a medida no mapa e a medida real correspondente). Canto maior é a escala, maior a precisión.

Tamén hai mapas que soamente ofrecen a posición relativa dos obxectos, polo que non permiten tirar conclusións sobre a distancia entre eles. Algúns exemplos son os mapas do transporte urbano. Outros mapas, que abdican da fidelidade posicional dos obxectos para escalaren as súas representacións en función de cantidades asociadas a esses obxectos: son os cartogramas.

Como representacións abstractas do mundo, os mapas non son neutrais e deben ser interpretados coidadosamente: unha das razóns é a distorsión provocada polas proxeccións cartográficas, que pode inducir a erro á hora de comparar áreas distintas. Os obxectos que se representan nun mapa dependen do tipo de uso para o cal este é elaborado. Por exemplo, un mapa de estradas dará importancia á rede viária ao representar os varios tipos de vías, os cruzamentos e as distancias entre cidades. Un mapa xeológico caracterizará do punto de vista da xeoloxía o solo dunha rexión determinada. E, porén, un mapa político mostrará as fronteiras ou outras divisões administrativas; mentres que un mapa para navegación marítima dará prioridade á localización de faros, portos e relevo submarino.

A cartografía sufriu unha verdadeira revolución coa aplicación dos Sistema de Información Xeográfica e do Sistema de Posicionamento Global a partir do final do século XX. Esta revolución non é só na produción, senón tamén na circulación, manipulación e uso de información espacial: grazas á Internet, actualmente podemos obter no momento un mapa de calquera punto do mundo.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • David Buisseret, ed., Monarchs, Ministers and Maps: The Emergence of Cartography as a Tool of Government in Early Modern Europe. Chicago: University of Chicago Press, 1992, ISBN 0-226-07987-2 (en inglés)
  • Miles Harvey, The Island of Lost Maps: A True Story of Cartographic Crime. Nova York : Random House, 2000. [ISBN 0-7679-0826-0] ou ISBN 0-375-50151-7 (en inglés)
  • Mark Monmorier, How to Lie with Maps, ISBN 0-226-53421-9 (en inglés)

Ligazóns externas