Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Baviera | ||||
Distrito rexional | Baixa Baviera | ||||
Enclave en | Landshut (pt) | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 75.272 (2023) (1.143,43 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 65,83 km² | ||||
Bañado por | Río Isar | ||||
Altitude | 393 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1204 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Alexander Putz (pt) (2017–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 84028–84036 | ||||
Prefixo telefónico | 0871 | ||||
Código NUTS | DE221 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 092610000000 | ||||
Número de municipio alemán | 09261000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | landshut.de | ||||
Landshut é unha cidade do Land alemán de Baviera, situiada nas beiras do río Isar.
É a capital da Baixa Baviera, unha das sete Regierungsbezirk (rexións administrativas) nas que se divide o estado bávaro.
No ano 2019 contaba con 73 411 habitantes, o que facía dela a segunda cidade máis grande do leste de Baviera, despois de Ratisbona.
Debido ao ssu característico escudo de armas, en ocasións esta cidade é chamada "A cidadde dos tres cascos" (en alemán, Dreihelmestadt).
A cidaed ten unha importancia nacional debido á súa arquitectura gótica, como o Castelo de Trausnitz, ou a Igrexa de San Martño, considerada como a que ten a torre de ladrillo máis alta do mundo.
Por outro lado, cada catro anos ten lugar nela a celebración da Landshuter Hochzeit ("A voda de Landshut"), unha festa medieval que conmemora a unión entre Xurxo o Rico, duque de Baviera e Eduviges Xaguellón en 1475.[1]
En 1800, para escapar do dominio francés, o rei Maximiliano I trasladou a Universidade de Ingolstadt a Landshut. Desde 1802 a universidade comezou a levar o nome deste monarca. Finalmente, a institución foi trasladada en 1826 á capital bávara, polo que desde entón coñécese como Universidade de Múnic.[2]
A batalla de Landshut tivo lugar o 21 de abril de 1809 en Landshut, Baviera (actualmente Alemaña), e foi librada entre forzas de Francia, Württemberg e Baviera baixo o mando de Napoleón e forzas austríacas baixo o mando do xeneral Johann von Hiller. Pese a ser duplicados en número, os austríacos loitaron ferozmente até a chegada de Napoleón ao campo de batalla, o que levaría a unha clara vitoria da coalición francesa.
Roman Herzog, o político cristián-demócrata (CDU) nacido nesta cidade foi presidente de Alemaña desde 1994 até 1999.
Despois de que a voda fora representada por primeira vez por 145 persoas, o desfile creceu até agora como recreación histórica á que se incorpora unha gran parte da cidadanía. Outrora anualmente, hoxe en día escenifícase o laborioso evento cada catro anos. Entre tanto, máis de 2 000 colaboradores toman parte nos máis distintos estados da sociedade con traxes históricos. O apoxeo é o domingo, que atrae polo desfile e a celebración nupciais a través do centro histórico de Landshut. Outros eventos mostran a vida no campo, os torneos de xinetes e cabaleiros ou as mascaradas (en alemán Mummenschanz). As festividades son organizadas até agora pola Asociación rexistrada de Promotores, a cal conta con case 7 000 membros. Ao redor de 2 300 intérpretes son cidadáns de Landshut, aos cales lles causa ledica recrear A Voda con auténticos traxes históricos; por exemplo, forma parte da tradición dos intérpretes masculinos e femininos deixarse crecer o cabelo até o evento como modelo medieval.
A igrexa parroquial e colexiata de San Martiño e Cástulo de Landshut (en alemán, Stadtpfarr- Kollegiatstiftskirche St. Martin und Kastulus), coñecida simplemente como igrexa de San Martiño, é unha destacada igrexa medieval alemá. A igrexa de San Martiño, xunto co castelo de Trausnitz e a celebración do festexo histórico da Voda de Landshut, son os principais lugares e eventos históricos de interese de Landshut. Cunha altura de 130,6 m, esta igresxa gótica de ladrillo é a igrexa máis alta de Baviera e é tamén o edificio (e igrexa) de ladrillo sen soportes de aceiro máis alto do mundo, e a segunda estrutura de ladrillo máis alta do mundo (despois da cheminea da fundición Anaconda Smelter Stack, en Montana).
Este castelo encóntrase no cumio dun outeiro que domina a cidade de Landshut. Finalizado no século XVI tiña o mesmo nome que a cidade, Burg Landshut, que se traduce como "protector da terra". O castelo cemezou a construíuse iniocialmente en 1204 por orde de Lois I, duque de Baviera, para a protección da cidade e do territorio circundante.[3] A súa construción estaba xa finalizada cando o visitou en 1235 o emperador do Sacro Imperio Frederico II. As dimensións actuais do castelo conservan as orixinais do século XIII.
Durante a primeira metade do século XIII Trausnitz representaba non só o centro da política imperial, senón tamén o centro da cultura dos Staufer. Naquel período visitaron Landshut numerosos famosos trobadores e Minnesänger (trobadores alemáns), entre os que cabe destacar a Walther von der Vogelweide e a Tannhäuser. O mecenado da arte dos duques de Baviera era tan espléndido que pediron a un escultor a Estrasburgo que creara alfaias para unha escultura que se encontra agora na Burgkapelle, a "Capela palatina".
O duque Xurxo o Rico renovou e ampliou os edificios do castelo durante o século XV. O Dürnitz (Sala dos Cabaleiros) construíuse nese período. Tamén erixíronse os muros do anel exterior e aumentáronse as torres defensivas.
En 1516 o duque Luís X de Baviera reestruturou e mandou reconstruír o castelo segundo o estilo renacentista da Alemaña meridional, transformando o interior nun palacio residencial. Aínda hoxe quedan os pórticos do patio, creados entre o 1568 e o 1578 por Friedrich Sustris para o príncipe herdeiro Guillerme V de Baviera. Tamén se adquiriron entón moitos cadros de estilo florentino, aínda que a maior parte destes perdéronse a causa de varios incendios. Máis tarde, o príncipe Fernando María (1675-1679) emprendieu a restauración das pinturas queimadas e arranxou as habitacións con outras obras.[3]
No curso do século XVIII, o castelo utilizouse como cuartel e prisión para os detidos de alto rango. Ao inicio do século XIX utilizouse como hospital.[3]
Entre 1869 e 1873 o rei Lois II de Baviera (creador do castelo de Neuschwanstein en Füssen) encargouse da decoración dun novo e espléndido apartamento privado situado no segundo andar da ala do príncipe.[3]
En 1961 un incendio destruíu gran parte do interior, inclíndo as cámaras do rei, actualmente restauradas.[3]