Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

KulturNav
Tipobase de datos en liña e terminology registry
Data de fundación20 de xaneiro de 2015
Na rede
http://kulturnav.org/
editar datos en Wikidata ]

KulturNav é un servizo dixital de almacenamento en nube orixinario de Noruega. O seu principal fin é que os seus usuarios poidan utilizar dita plataforma para crear e administrar un sistema de control de autoridades focalizado nas necesidades de museos e centros culturais. O proxecto foi creado e é dirixido polo Consello das Artes de Noruega.[1] O proxecto iniciouse no 2013[2] e a páxina estivo completamente operativa o 20 de xaneiro de 2015.[3] É utilizado por arredor de 130 museos de Noruega e Suecia.[4]

Segundo o seu propio sitio web, KulturNav está deseñado para mellorar o acceso á información sobre o patrimonio cultural en arquivos, bibliotecas e museos, traballando con metadatos comúns. Así, distintas institucións poden colaborar para construír unha base de datos e terminoloxía estándar.[5] Segundo o Centro de Arquitectura e Deseño Skeppsholmen, KulturNav posúe un rexistro bastante completo de arquitectos suecos.[6]

Software

KulturNav emprega a tecnoloxía KulturIT, un software desenvolvido e mantido en conxunto entre o Museo de Cultura Popular de Noruega e o Museo Lillehammer, un proxecto sen fins de lucro.[4] KulturIT baséase no sistema de datos con ligazóns, o que o fai compatible con outras fontes que utilicen a mesma tecnoloxía.[3]

A API soporta consultas con HTTP GET, as cales non teñen un sistema de autentificación e autorización, o que significa que só se pode consultar contido que sexa público.[7] O sistema foi desenvolvido baseándose en Play Framework, xunto con Solr e jQuery.[8]

Proxectos

En marzo de 2015, o rexistro nacional de fotografía de Suecia iniciou o proceso de migración a KulturNav.[9]

O proxecto de dixitalización do Museo de Historia Natural de Estocolmo, iniciado no 2016 e que se espera finalice no 2020, prevé subir o material obtido a KulturNav ou unha plataforma similar.[10]

Notas

  1. "Welcome to KulturNav" (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2016. 
  2. CuteStat. "Web Analysis for Kulturnav" (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Consello das Artes de Noruega (14 de xaneiro de 2015). "Seminar Lansering av KulturNav" (en noruegués). Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2018. Consultado o 7 de agosto de 2016. 
  4. 4,0 4,1 Ulf Bodin (11 de febreiro de 2014). "KulturNav" (PDF) (en sueco). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 09 de outubro de 2018. Consultado o 7 de agosto de 2016. 
  5. "Vanlige spørsmål" (en noruegués). Consultado o 7 de agosto de 2016. 
  6. ArkDes. "Sök digitalt" (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2015. Consultado o 7 de agosto de 2016. 
  7. "KulturNav API" (en inglés). Consultado o 7 de agosto de 2016. 
  8. "Per Steneskog: Senior Consultant at Altrusoft AB". LinkedIn (en sueco). 
  9. Museo nórdico. "Bidra med information till Nationella fotografregistret" (en sueco). Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2016. Consultado o 7 de agosto de 2016. 
  10. Museo de Historia Natural de Estocolmo. "Digitaliseringsplan 2016-2020" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de agosto de 2016. Consultado o 21 de decembro de 2016. 

Véxase tamén

Ligazóns externas