Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.
Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Kapila
Kapila (en sánscrito: कपिल) é o nome dado a varias personaxes en textos antigos e medievais, dos que o máis coñecido é o fundador da escola Samkhya de filosofía hindú.[1][2] Kapila de Samkhya está considerado un sabio védico,[2][3] que se estima que viviu no século VI[4] ou VII a.C..[5]
Rishi Kapila está recoñecido como o autor do influente Samkhya-sutra, en que os sutras aforísticos presentan a filosofía dualista da Samkhya.[6] A influencia de Kapila sobre Buda e o budismo é obxecto de estudos académicos.[7][8]
Moitas personalidades históricas do hinduísmo e o xainismo, figuras míticas, lugares de peregrinación e mesmo unha antiga variedade de vacas levan o nome de Kapila.[5][9][10]
Traxectoria
O nome Kapila aparece en moitos textos, e parece claro que se refire a persoas diferentes.[11][12] A referencia máis célebre é ao sabio Kapila e o seu alumno Āsuri, que na tradición india están considerados os primeiros mestres da escola Samkhya da filosofía hindú. Aínda que é anterior a Buda, non está claro en que século viviu; algúns suxiren que no século VI a.C.[4] Outros sitúano no século VII a.C.[11][13] Isto localízao no final do período védico (1500 a 500 a.C.), e el mesmo foi chamado sabio védico.[2][3]
Kapila está considerado o autor dunha sutra influente chamada Samkhya-sutra ou Kapila-sutra, que presenta mediante aforismos a filosofía dualista da Samkhya.[6][14] Estas sutras foron explicadas noutro texto do hinduísmo ben estudado chamado Samkhyakarika.[11] Ademais de nas teorías da Samkhya, apare en moitos diálogos de textos hindús, como na explicación e deensa do principio da Ahimsa (non violencia) no Mahabharata.[1]
Recoñecemento
Kapila, o fundador da Samkhya, foi moi reverenciado por varias escolas de filosofía hindú. Gaudapada (~500 a.C.), un estudoso da Advaita Vedanta, na súa Bhasya chamou a Kapila un dos sete grandes sabios, xunto con Sanaka, Sananda, Sanatana, Asuri, Vodhu e Pancasikha.[15]Vyasa, o estudoso do ioga, no seu Yogasutra-bhasya escribiu que Kapila era "o principal sabio, ou coñecedor".[15]
↑ 2,02,12,2Editors of Encyclopædia Britannica (1998). The New Encyclopædia Britannica. Encyclopædia Britannica. p. 731. ISBN978-0-85229-633-2. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2017. Consultado o 11 de outubro de 2016., Cita: "Kapila (fl. 550 BC), Vedic sage and founder of the system of Samkhya, one of the six schools of Vedic philosophy."
↑ 3,03,1Jackson-Laufer, Guida Myrl (1994). Traditional Epics: A Literary Companion. Oxford University Press. p. 321. ISBN978-0-19-510276-5. Arquivado dende o orixinal o 23 de decembro de 2016. Consultado o 11 de outubro de 2016., Cita: "Kapila was a Vedic sage (ca. 550 B.C.) and founder of the Samkhya school of Vedic philosophy."; Haldane, John; Dronamraju, Krishna (2009). What I Require From Life. Oxford University Press. p. 225. ISBN978-0-19-923770-8. Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2017. Consultado o 11 de outubro de 2016.
↑Hemacandra; R. C. C. Fynes (tradutor) (1998). The Lives of the Jain Elders. Oxford University Press. pp. 144–146, Canto Seven, verses 1–19. ISBN978-0-19-283227-6. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de outubro de 2016.
↑ 11,011,111,2PT Raju (1985), Structural Depths of Indian Thought, State University of New York Press, ISBN978-0-88706-139-4, páxina 304
↑Burley, M. (2009). "Kapila: Founder of Samkhya and Avatara of Visnu (with a Translation of Kapilasurisamvada). By Knut A. Jacobsen.". The Journal of Hindu Studies (Oxford University Press) 2 (2): 244–246. doi:10.1093/jhs/hip013.
↑Max Muller et al. (1999 Reprint), Studies in Buddhism, Asian Educational Services, ISBN81-206-1226-4, páxina 10 con nota ao pé
↑ 15,015,1Larson, Gerald James; =Potter, Karl H.; Bhattacharya, Ram Shankar (1987). The Encyclopedia of Indian Philosophies: Sāṃkhya, Volume 4 of The Encyclopedia of Indian Philosophies. Princeton University Press, (Reprint: Motilal Banarsidass). p. 108. ISBN978-0-691-60441-1.