Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de maio de 1897 Todmorden, Reino Unido (pt) |
Morte | 18 de setembro de 1967 (70 anos) Churchill College, Reino Unido (pt) |
Lugar de sepultura | Ascension Parish Burial Ground (pt) |
Educación | Victoria University of Manchester (en) St John's College (pt) University of Manchester Institute of Science and Technology (en) Richard Huish College, Taunton (en) |
Director de tese | Ernest Rutherford |
Actividade | |
Campo de traballo | Física |
Ocupación | físico, científico nuclear, profesor universitario |
Empregador | Atomic Energy Research Establishment (en) Chalk River Laboratories (en) Montreal Laboratory (en) Ministry of Supply (pt) Universidade Nacional Australiana |
Membro de | Royal Society Real Academia das Ciencias de Suecia Academia das Artes e das Ciencias dos Estados Unidos |
Carreira militar | |
Rama militar | Royal Artillery (pt) e Exército Británico |
Conflito | Primeira guerra mundial |
Participou en | |
1939 | Proxecto Manhattan |
Familia | |
Cónxuxe | Elizabeth Crabtree |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Enciclopedia soviética armenia, volume 5, (p.528) Physicists: Biographical Dictionary (en) , (p.137) |
Sir John Douglas Cockcroft, nado o 27 de maio de 1897 e finado o 18 de setembro de 1967, foi un físico británico. Recibiu o premio Nobel de Física por ser o primeiro en desintegrar un núcleo atómico, e foi primordial no desenvolvemento da enerxía nuclear.
Cockcroft naceu en Todmorden, Inglaterra. Foi educado na escola de secundaria de Todmorden e estudou matemáticas na Universidade de Manchester.
En 1928 traballou como investigador no Saint John's College, cargo que desempeñou ata 1946. No ano 1932, e en colaboración co físico Ernest Walton, foi o primeiro en desintegrar un núcleo atómico con partículas subatómicas aceleradas artificialmente. Usaron un acelerador de partículas que desenvolveran para bombardear átomos de litio con protóns. Algúns dos átomos de litio absorbían un protón e se desintegraban en dous átomos de helio. Entre 1941 e 1944, foi supervisor xefe do departamento de Investigación e Desenvolvemento das Forzas Aéreas británicas, e desde 1944 a 1946 exerceu como director da división de enerxía atómica do Consello de Investigación Nacional do Canadá. En 1948 concedéronlle o título de sir e compartiu con Walton o Premio Nobel de Física de 1951.