Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

In medias res[1] é unha expresión latina que significa «no medio das cousas» e que designa unha técnica narrativa consistente en iniciar unha narración nun momento posterior ao do inicio da acción, normalmente nun momento crucial. Isto permítelle ao narrador moverse para tras e para diante no tempo entre acontecementos interrelacionados. A orixe da expresión está na Ars Poetica de Horacio:

Semper ad eventum festinat et in medias res
Non secus ad notas auditorem rapit
Sempre se apresura cara ao asunto
e constrinxe aos ouvintes no medio da historia como se xa a coñecesen

Os exemplos máis coñecidos son a Ilíada e a Odisea de Homero e Paradise Lost de John Milton.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para in medias res.

Véxase tamén

Outros artigos