Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

Modelo:Xeografía políticaImperio de Trebisonda
Αυτοκρατορία της Τραπεζούντας (el) Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°00′N 39°42′L / 41, 39.7
CapitalTrebisonda Editar o valor en Wikidata
Poboación
Lingua oficiallingua grega Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa Ortodoxa Grega e Igrexa ortodoxa Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
Creación1204 Editar o valor en Wikidata
Disolución1461 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Sucedido porTrebizond Eyalet (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía Editar o valor en Wikidata

O Imperio de Trebisonda xunto ao Imperio Latino, o Imperio de Nicea e o Despotado de Epiro. As fronteiras son imprecisas.

O Imperio de Trebisonda foi un Estado cristián medieval de cultura grega, xurdido da descomposición do Imperio Bizantino e fundado en 1204, pouco antes da toma de Constantinopla polos cruzados. Estaba localizado na costa suroriental do Mar Negro, coa súa capital na cidade de Trebisonda, e mantívose como estado independente ata o ano 1461, en que foi conquistado polos turcos otománs.

Os monarcas de Trebisonda levaron o título de Gran Comneno (Megas Komnenos) e de emperadores ata o fin do seu estado, en 1461. O estado denomínase tamén, en ocasións, Imperio Comneno, xa que a dinastía reinante descendía de Aleixo I Comneno.

Fundación

Tralo derrocamento e posterior asasinato do emperador bizantino Andrónico I, da dinastía Comneno, dous dos seus netos, Aleixo e David, foron levados á corte de Xeorxia, con cuxa raíña, Thamar (1184-1212), os unían lazos de parentesco. Co apoio do exército de Thamar, David e Aleixo conquistaron Trebisonda en abril de 1204. Desde alí, David avanzou cara ao oeste ao longo da costa, ocupando Sinope, Paflagonia e Heraclea do Ponto. As súas conquistas foron detidas por Teodoro Láscaris, emperador de Nicea.

Aleixo proclamouse emperador, reclamando o seu dereito ao trono de Constantinopla, e instalou a súa capital en Trebisonda. Inicialmente, o estado de Trebisonda controlaba a costa sur do Mar Negro entre Soterioupolis e Sinope, incluíndo as modernas provincias turcas de Sinop, Ordu, Giresun, Trebisonda, Bayburt, Gumushane, Rise e Artvin. Durante o século XIII, dominou tamén Perateia, incluídos Quersoneso e Kerch, na península de Crimea. Os territorios situados ao oeste de Sinope, e que foran conquistados por David Commeno, fóronlles arrebatados posteriormente, en 1206, polo Imperio de Nicea. Os selxúcidas apoderáronse de Sinope en 1214, e o emperador de Trebisonda converteuse en vasalo dos turcos selxúcidas do Sultanato de Rüm.

Desenvolvemento

O Imperio de Trebisonda (morado) e os estados circundantes no ano 1300.
O Imperio de Trebisonda (marrón) e os estados circundantes no ano 1400.

Durante todo o resto da súa historia, o Imperio de Trebisonda permaneceu illado dos outros estados gregos polo sultanato de Rüm e circunscrito á costa suroriental do Mar Negro. Non recoñeceu ao Imperio Bizantino restaurado en 1261. Cando Persia foi conquistada polos mongois, converteuse en lugar de paso obrigado para un brazo meridional da ruta da seda, co que alcanzou unha gran prosperidade económica. O momento de maior prosperidade tivo lugar baixo o reinado de Aleixo II (1297-1330).

Con todo, co declive do poder mongol, a prosperidade de Trebisonda foi diminuíndo debido aos ataques dos turcos otománs e aos conflitos internos.

Lista de emperadores de Trebisonda