Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

iTunes
Desenvolvedor(es)Apple Inc.
Publicación inicial9 de xaneiro de 2001
Última versión12.7
Estado de desenvolvementoActivo
Sistema operativoWindows
macOS
LicenzaFreeware
Sitio webwww.apple.com/itunes/

iTunes é un reprodutor de medios e unha tenda de contidos multimediais desenvolvido por Apple Inc. É usado para reproducir, descargar e organizar son e vídeo dixital en ordenadores co sistema operativo macOS e os dispositivos baseados en iOS iPod, iPhone e iPad (iPadOS), con edicións tamén para Microsoft Windows.

A través da iTunes Store, os usuarios poden mercar e descargar música, vídeos musicais, programas de televisión, xogos para o iPod, audiolibros, podcasts, películas (tamén alugalas nalgúns países) e tons para os móbiles. A aplicación para iPhone, iPad e iPod Touch pode ser descargada dende a App Store. iTunes ten sido criticado por non ser capaz de transferir música dun dispositivo portátil a outro.

iTunes 12.7 é a versión máis recente de iTunes, dispoñible para Mac OS X Snow Leopard ou posterior, ademais de para Windows XP ou posterior. Foi lanzada o 6 de decembro de 2017.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.