Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Nome orixinal | (el) Κωνσταντῖνος Ἡράκλειος |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 618 (Gregoriano) Egrisi (pt) |
Morte | 641 (Gregoriano) (22/23 anos) Rodas, Grecia |
Emperador bizantino | |
febreiro de 641 – setembro de 641 ← Constantino III Heraclio – Constante II → | |
Actividade | |
Ocupación | Emperador |
Familia | |
Familia | Dinastía heracliana |
Pais | Heraclio e Martina |
Irmáns | Constantino III Heraclio Eudóxia Epifânia Davi Augustina Marino (filho de Heráclio) |
Descrito pola fonte | Meyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890) Encyclopædia Britannica |
Heracleonas ou Heraclonas (626 - 641?), foi un emperador bizantino de breve reinado a mediados do século VII.
Era fillo do emperador Heraclio, fundador da dinastía Heráclida e da súa segunda esposa Martina. Tiña un medio irmán máis vello, Constantino Heraclio, froito do primeiro matrimonio do seu pai. Por influencia de Martina ambos fillos foron considerados como descendentes da mesma nai e asociados ao trono bizantino en igualdade de condicións por Heraclio.
Heraclonas obtivo o título de Augusto en 638 e foi proclamado coemperador á morte do seu pai, xunto co seu medio irmán máis vello Constantino III Heraclio, que pola súa idade quedou con certa preeminencia. O auténtico nome de Heraclonas era Heraclius (Heraclio) como o seu pai polo que accedeu ao trono como Heraclio II, pero nunca puido desprenderse do seu alcumo Heraclonas, pequeno Heracles, que sería o recordado para a posteridade. Isto debeuse á súa curta idade cando accedeu ao trono, era un adolescente; así como a un certo recordo desprezativo xerado polo seu suposto fratricidio.
A prematura morte de Constantino III en maio de 641, probabelmente por unha tuberculose, deixou a Heraclonas como único soberano do imperio. Pero a sospeita de que el e a súa nai Martina envelenaran a Constantino lastrou o seu reinado, xa que conduciu a unha revolta que terminou co derrocamento do emperador, que xunto coa súa nai foi sometido a un castigo de mutilación. Esta foi a primeira vez que un emperador reinante foi sometido a esta práctica, probabelmente adoptada dos persas. A Martina cortáronlle a lingua e ao seu fillo Heraclonas o nariz. Nada máis se sabe do acaecido con Heraclonas tralo seu derrocamento. Crese que morreu algo máis tarde ese mesmo ano.
Constante II, fillo de Constantino III Heraclio foi proclamado novo emperador poñendo fin ás loitas familiares pola sucesión á morte de Heraclio.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Constantino III Heraclio |
Heracleonas | Precede a: Constante II |
Dinastía dos Heráclidas |