Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Nome orixinal | (fr) Claude-Henri de Rouvroy de Saint-Simón |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de outubro de 1760 París, Francia |
Morte | 19 de maio de 1825 (64 anos) París, Francia |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 28 Grave of Claude Henri de Rouvroy de Saint-Simon (en) |
Actividade | |
Ocupación | filósofo, sociólogo, enxeñeiro civil, enxeñeiro, urbanista, escritor, xornalista, historiador, economista, político |
Movemento | Socialismo utópico |
Alumnos | Olinde Rodrigues, Barthélemy Prosper Enfantin (pt) e Auguste Comte |
Influencias | |
Outro | |
Título | Conde |
Familia | House Rouvroy de Saint-Simon (en) |
Cónxuxe | Sophie de Bawr (1801–1802), divorcio |
Irmáns | André Louis de Saint-Simon Marie Louise St. Simon-Montléart |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Medvik >>>:Saint-Simon, Claude-Henri de Rouvroy, 1760-1825, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Claude Henri de Rouvroy, conde de Saint Simon, nado en París o 17 de outubro de 1760 e finado na mesma cidade o 19 de maio de 1825, foi un filósofo, economista e teórico da sociedade industrializada nos seus inicios.
É o fundador do saint-simonismo, as súas ideas tiveron unha posteridade e unha influencia sobre a maioría dos filósofos do século XIX. É o pensador da sociedade industrial francesa, cando estaba a suplantar o Antigo Réxime. O historiador André Piettre descríbeo coa fórmula: «O último xentilhome e o primeiro socialista». É o curmán afastado do duque de Saint-Simon, célebre memorialista na corte de Lois XIV e da Rexencia trala morte de Lois XIV.
Neno máis ben turbulento, Claude Henri de Rouvroy de Saint Simon recibiu da educación dun preceptor as ensinanzas de D'Alembert e Rousseau.
Adepto ás ideas novas, o novo aristócrata comprometeuse aos 17 anos no exército de liberación dos Estados Unidos ao lado do Marqués de La Fayette e do conde de Rochambeau. Durante a Revolución Francesa, abandonou a partícula de nobreza pasando ao nome de Saint-Simon, e enriqueceuse pola venda dos bens da Igrexa.