Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Helarctos malayanus Oso malaio Rango fósil: Plistoceno – Actualidade | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Helarctos malayanus femia no zoo de Basilea | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
Vulnerable[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Helarctos malayanus Raffles, 1821 | |||||||||||||||||||
Área de distribución de Helarctos malayanus
(cor marrón - presenza actual, cor negra - extinto, cor gris escura - presenza dubidosa) |
Helarctos malayanus, coñecido vulgarmente como oso malaio, é unha especie de mamífero carnívoro da familia dos úrsidos, subfamilia dos ursinos, o único representante do xénero Helarctos.[2]
Trátase dunha pequena especie de oso, a menor entre todas as actuais,[3] que vive nos bosques tropicais do sueste asiático, concretamente no centro-oeste de Birmania, Indochina, Malaca, Sumatra e Borneo (nesta última illa representada por unha subespecie endémica).
Esta especie está pouco emparentada coas outras especies de osos do mundo.
O xénero foi descrito en 1825 polo médico e naturalista estadounidense Thomas Horsfield, nun traballo publicado en Zool. J. 2 (6): 221.[2]
A especie fora descrita en 1821 polo seu compatriota, colega (tamén era médico e naturalista) e amigo Thomas Stamford Raffles.[2]
Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero tamén coñeceuse polo sinónimo:[2]
Recoñécense na especie dúas subespecies,[2] baseadas en diferenzas morfolóxicas.[4][5]
Helarctos malayanus ten unha lonxitude de apenas 1,2 m en posición ergueita, no caso dos machos, sendo as femias menores. A masa corporal destas últimas oscila entre os 20 e os 40 kg, mentres que os machos adultos andan entre os 30 e os 60 kg.[7]
Ademais de polo menor tamaño, os osos malaios diferéncianse facilmente doutras especies de osos pola súa forma corporal alongada, as orellas pequenas, e a cola practicamente inexistente (con só 3 cm resulta difícil ver a certa distancia), mentres que as patas e o colo son proporcionalmente máis longos. A pelaxe é curta e de cor negra, excepto no fociño, ao redor dos ollos e no peito, onde varía entre a amarela abrancazada e a alaranxada. Presentan no peito unha mancha, xeralmente en forma de U moi aberta.[9]
As plantas dos pés están espidas, e por diante delas destacan as fortes, longas e ganchudas garras dos seus dedos, especialmente os das patas anteriores. Esta característica permite aos osos malaios gabear a árbores altas até a súa copa, onde se alimentan de froitos, sobre todo de cocos que parten sen dificultade cos seus poderosos maxilares. Usan preferentemente o sentido do olfacto para encontrar comida, pois como nos demais úrsidos, a súa vista é pobre.
A súa fórmula dental é a seguinte: 3/3, 1/1, 3-4/3, 2/3 = 38-40.[10]
Pese á súa robustez os osos malaios son animais activos, áxiles e bos gabeadores de árbores.[3] Ao igual que o oso negro asiático (Ursus thibetanus) tamén constrúen niños con pólas para tomaren o sol, a miúdo bastante por riba do solo.[3] A alimentación, que se leva a cabo durante a noite, complétase coa inxesta de insectos, lagartos, pequenas aves e mamíferos, follas de palmeiras, mel e sementes. Ocasionalmente entran en plantacións de coqueiros, plátanos e cacao, onde poden xerar importantes estragos. Isto ocasionou un perigoso aumento da caza destes animais en numerosas rexións, que unida á demanda de partes do seu corpo pola medicina tradicional chinesa reduciu a súa poboación en moitas zonas. Considérase que a especie aínda non está en perigo serio de extinción, aínda que si é vulnerábel, que é como cualifica a UICN o status da especie.[1]
Debido a que habitan en zonas de climas cálidos tropicais, os osos malaios, a diferenza doutros úrsidos, non hibernan. Isto permítelle ás femias teren unha camada de dúas crías cada ano. As crías no chegan á madurez sexual até os 3 ou 4 anos. O período de xestación é de entre 95 e 100 días.[9] Descoñécese canto tempo viven en liberdade, pero en catividade poden alcanzar os 28 anos.
A secuenciación xenética do ADN nuclear das especies de osos revelou que Melursus ursinus e o Helarctos malayanus foron os primeiros osos da subfamilia dos ursinos que irradiaron, e non están incluídos no grupo monofilético de Ursus; ademais, todas as relacións entre os osos estaban ben resolvidas.[11]
Ursidae |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||