Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Ghana (ak) Gana (dag) Gaana (tw) ![]() | |||||
Brasón | |||||
Himno | God Bless Our Homeland Ghana ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Freedom and Justice» «Rhyddid a Chyfiawnder» ![]() | ||||
Nomeado en referencia a | Imperio de Ghana ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Accra ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 32.833.031 (2021) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 238.535 km² ![]() | ||||
Bañado por | Océano Atlántico ![]() | ||||
Punto máis alto | Monte Afadja (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | golfo de Guinea (0 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1957 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | democracia ![]() | ||||
Órgano executivo | Governo do Gana (pt) ![]() ![]() | ||||
• Presidente ![]() | Nana Akufo-Addo (2017–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Parlamento do Gana (pt) ![]() ![]() | ||||
Membro de | Grupo de Estados de África, Caribe e Pacífico Grupo para as observacións da Terra Comunidade Económica dos Estados da África Ocidental ![]() | ||||
PIB nominal | 79.156.409.410 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | Cedi ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .gh ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +233 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 999, 191 (pt) ![]() ![]() ![]() | ||||
Código de país | GH ![]() | ||||
Páxina web | ghana.gov.gh ![]() | ||||
![]() |
Ghana,[1][2][3] e oficialmente República de Ghana (en inglés: Republic of Ghana), é un país da África occidental, limitado a norte polo Burkina Faso, a leste polo Togo, a sur polo golfo de Guinea e a oeste pola Costa do Marfil. A súa capital é Accra.
A historia de Ghana previamente ao último cuarto do século XV deriva basicamente da tradición oral, que refere ás migracións dos reinos antigos de Sahel — actualmente a Mauritania e Malí. Antes designada de Costa do Ouro, e renomeada para Ghana na secuencia da súa independencia en 1957 debido ás indicacións que os actuais habitantes descenden de emigrantes que se moveron para o Sur do Imperio Ghana. Unha das partes interesantes da historia de Ghana é o retorno de libertos afro-brasileiros, formando unha comunidade chamada Tabón.
Ghana foi a primeira colonia da África negra en obter a independencia, o 6 de marzo de 1957, a partir da colonia británica de Costa do Ouro e do territorio de Togoland. A Lei de Independencia de Ghana de 1957 foi aprobada no Parlamento do Reino Unido, recibindo o consentimento real o 7 de febreiro de 1957. Desde 1992 é unha democracia.
Ghana debúllase en 10 rexións, as cales á súa vez se dividen en 130 distritos.
A maior en superficie é a Setentrional, cunha área de 70.388 km², e a menor é a do Gran Accra, con 2.593 km². As menos poboadas son as dúas rexións fronteirizas do norte, Ghana Occidental e Oriental, as cales tamén son as máis secas, pois encóntranse no límite meridional do Sahel. A zona suroeste de todo o territorio é a máis chuviosa, fértil e densamente poboada.
A rexión-reino dos Ashanti ten unha forte identidade que inclúe o mantemento dunha monarquía con fortes poderes simbólicos, culturais e representativos. É a máis poboada, por encima incluso do Gran Accra, onde se atopa a capital.
As rexións de Ghana son as seguintes:
Ghana sitúase no golfo de Guinea, na África occidental, algúns graos apenas ao norte do Ecuador. A metade do país fica a menos de 152 metros por riba do nivel do mar, e o seu punto máis elevado ten 883 m. Os 537 quilómetros de costa son principalmente litorais baixos e areosos, tras dos cales se estenden chairas cubertas por vexetación de pequeno porte, interseitada por varios ríos e ribeiras, a maioría dos cales só son navegábeis en canoas. Ao norte, preto da fronteira coa Costa do Marfil, esténdese unha faixa de foresta húmida tropical interrompida por outeiros densamente forestados e moitos ríos. Esta área, coñecida como Ashanti, produce moito do cacao, minerais e madeira do país. Ao norte desta faixa, a altitude varía entre 91 e 396 metros acima do nivel do mar e o territorio está coberto por arbustos baixos, sabana e chairas cobertas de herba.
O clima é tropical. A faixa costeira oriental é morna e comparativamente seca; o canto suroeste é quente e húmido; o norte é quente e seco. Existen dúas estacións das chuvias no sur: maio-xuño e agosto-setembro; no norte, as estacións das choivas tenden a fundirse. Un vento quente de nordeste, o harmadón, sopra en xaneiro e febreiro. A precipitación media anual na zona costeira é de preto de 83 centímetros.
O lago Volta, o maior lago feito polo ser humano, esténdese desde a barraxe de Akosombo no sueste de Ghana ata a cidade de Yapei, 520 quilómetros ao norte. O lago xera electricidade, é dunha vía de transporte no interior e é un recurso potencialmente valioso para a irrigación e mais para a acuicultura.
Acra (Gana)
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |