Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Unha fraude é unha acción ilícita na que unha persoa ou organización engana adrede a outra co obxectivo obter algún tipo de beneficio, normalmente económico. Nela o enganado termina prexudicado. Este termo tamén é usado para referirse a algo de mala calidade.[1] Algúns tipos de fraudes son ilegais, nese caso son chamados fraudes de lei.[2]
A publicidade enganosa convence ao que a ve de que o seu produto é máis resistente, cómodo, útil, etc. do que é na realidade.[3]
A corrupción consiste nun abuso de poder para conseguir diñeiro ilegalmente en prexuízo doutros.[4] Os prexudicados son o resto de persoas da organización ou país. Esta acción ten pena de prisión segundo o código penal.[5]
A falsificación consiste en facer unha réplica barata dun obxecto xeralmente de gran valor e vendelo facendo crer que é o orixinal,[6] aínda que nalgúns casos cómpranse estas réplicas sabendo que son falsas e cun prezo máis baixo ca o do obxecto orixinal para presumir.
Un engano refírese a unha mentira, polo que non ten que afectar ao enganado nin ten que estar relacionado con motivos económicos.[7]