Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Nome orixinal | (fr) Philippe II Auguste |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de agosto de 1165 París, Francia |
Morte | 14 de xullo de 1223 (57 anos) Mantes-la-Jolie, Francia |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis |
Rei de Francia | |
18 de setembro de 1180 – 14 de xullo de 1223 ← Lois VII de Francia – Lois VIII de Francia → | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Carreira militar | |
Conflito | Quinta cruzada |
Outro | |
Título | Duque Rei de Francia |
Familia | Dinastía dos Capetos |
Cónxuxe | Inês da Merânia (1196–1201) Ingeborg da Dinamarca, rainha de França (1193–1193) Isabel de Hainaut (1180–1190) |
Fillos | Lois VIII de Francia () Isabel de Hainaut Maria de França, Duquesa de Brabante () Inês da Merânia Filipe Hurepel () Inês da Merânia Pierre Charlot () |
Pais | Lois VII de Francia e Adela de Champaña |
Irmáns | Margarida de Francia Inés de Francia Adela de Francia Adelaida de Francia María de Francia, condesa de Champagne |
Descrito pola fonte | Enciclopedia soviética armenia Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Filipe II de Francia, tamén chamado Filipe Augusto (en francés: Philippe Auguste), nado en Gonesse o 21 de agosto de 1165 e finado en Mantes-la-Jolie o 14 de xullo de 1223, foi o sétimo rei da dinastía dos Capetos, fillo e herdeiro de Lois VII de Francia o Mozo e de Adela de Champaña. Ocupou o trono de Francia entre 1180 e 1223.
Filipe Augusto é un dos monarcas máis admirados e estudados da Francia medieval non só en razón do seu longo reinado, senón tamén polas súas importantes vitorias militares e, sobre todo, polo desenvolvemento dos proxectos levados a cabo para asegurar o poder real fronte ós grandes señores feudais.