Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

Editar as ligazóns
Termómetro utilizado para medir a febre.

A febre[1] ou quentura[2] é a elevación da temperatura do sangue no ser humano por encima do que se considera normal. A febre actúa como axuda ao corpo a combater os organismos que causan enfermidades e xorde en resposta a unhas substancias chamadas piróxenos que se derivan de bacterias ou virus que invaden o corpo.

Características

O ser humano reacciona de diferentes modos aos ataques dos axentes piróxenos, modificando a temperatura corporal (entre 36 e 37 °C), ben subíndoa, ben baixándoa.

Ao chegar a 39 °C (pirexia) existe abundante suor acompañada de rubor, con taquicardias e dispnea. Pode xurdir esgotamento. Os menores e as persoas adultas con epilepsia poden sufrir convulsións chegados a este punto.

Ao chegar a 40 °C sófrense mareos, vertixes, deshidratación, debilidade, náuseas, vómitos, cefalea e suor profunda.

Con 41 °C (urxencia) os síntomas anteriores aparecen acentuados. Amais, pode existir confusión, alucinacións, delirios e somnolencia. Con 42 °C aparecen como síntomas a palidez ou ruibén. Pódese chegar ao coma, con hiper ou hipotensión e unha gran taquicardia. Xa con 43 °C sucédese a morte ou deixa como secuelas diversos danos cerebrais, acompáñase de continuas convulsións e shocks. Pode existir a parada cardiorrespiratoria. Con 44 °C ou superior a morte é segura.

Pola contra, cando a tempertura corporal é inferior a 35 °C tense hipotermia. Hai tremor intenso, entumecemento e coloración azulada/gris da pel. Cunha temperatura de 34 °C hai tremor severo, perda de capacidada de movemento nos dedos, cianose e confusión. Pode haber cambios no comportamento.

Con 33 °C hai confusión moderada, adormecemento, arreflexia, progresiva perda de tremor, bradicardia, dispnea. O suxeito non reacciona a certos estímulos. Con 32 °C (emerxencia) sófrense alucinacións, delirio, gran confusión, moi adurmiñado podendo chegar incluso ao coma. O tremor desaparece, o suxeito incluso pode crer que a súa temperatura é normal. Hai arreflexia, ou os reflexos son moi febles.

Con 31 °C existe coma, é moi estraño que estea consciente. Ausencia de reflexos, bradicardia severa. Hai posibilidades de que xurdan graves problemas de corazón. A partir de 28 °C hai alteracións graves de corazón, poden acompañarse de apnea e até aparentar ou incluso estar morto.

Entre 24 e 26 °C a morte adoita ter lugar por alteracións cardiorrespiratorias, non obstante, algúns pacientes sobreviviron a baixas temperaturas aparentando estaren mortos a temperaturas inferiores a 14 °C.

Tratamento

Aínda que a febre sexa unha resposta imunolóxica propia do organismo contra algún mal, a medicina moderna chegou a desenvolver algunhas drogas chamadas de antipiréticos que poden reducir a febre a niveis tolerados. Os antipiréticos máis comúns son o paracetamol e a dipirona. No interior do Brasil a febre é controlada coa inxesta de follas de froitos cítricos en infusión ou por medios máis naturais como baños fríos.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Febre.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Quentura.

Véxase tamén

Ligazóns externas