Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

Editar as ligazóns
Face
Unha face humana (Mona Lisa)
Latín facia/facies
MeSH Face

A face, faciana, cara ou rostro é a parte frontal da cabeza, nos humanos a parte anteroinferior, desde as cellas ao queixelo; nela están incluídos cellas, ollos, nariz, fazulas, boca, labios, dentes, pel e queixelo.[1]

Os tecidos brandos da cara expresan as emocións do individuo, pola acción dos músculos da mímica. Así mesmo, a aparencia facial é un elemento esencial da identidade de cada ser humano.

Sobre a dura superficie dos ósos implántanse máis de trinta pares de músculos, de diversas formas e funcións, grosos e fortes, como o maseter, outros son finos e pequenos como o que eleva a comisura labial e o que dilata a ala do nariz, entre outros.[2]

Dos cinco órganos dos sentidos, catro están na cabeza, e máis especificamente na face; a vista, o ouvido, o olfacto e o gusto. Aínda que o quinto sentido, o tacto, tamén está amplamente representado, cunha zona de altísima sensibilidade nos beizos.

Notas

  1. "facies". DIGALEGO - Xunta de Galicia. Consultado o 13-10-2024. 
  2. Torres, Alfredo (2023-11-21). "Músculos de la cara". Kenhub (en castelán). Consultado o 2024-10-13.