Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
EC135 / H135 | |
---|---|
Tipo | helicóptero lixeiro |
Fabricante | Eurocopter Airbus Helicopters |
Primeiro voo | 15 de febreiro de 1994 |
Introducido | 1996 |
Estado | en servizo |
Produción | 1996 - presente |
Unidades construídas | máis de 1 200 |
Variantes | Eurocopter EC635 |
O Eurocopter EC135 (agora Airbus Helicopters H135) é un helicóptero civil bimotor producido por Airbus Helicopters (anteriormente coñecida como Eurocopter). É capaz de voar baixo regras de voo instrumental rules (IFR) e está equipado con controis de voo dixitais. Entrou en servizo en 1996 e ata a data fabricáronse máis de mil unidades. É amplamente utilizado por servizos de policía e ambulancia, e para transporte executivo; cara 2013, máis de 500 EC135 estaban proporcionando servizos como helicópteros para emerxencias médicas por todo o mundo. Aínda que o EC135 é principalmente usado por operadores civil, existe tamén unha variante militar con capacidade de combate designada como Eurocopter EC635.
O EC135 comezou a desenvolverse antes da formación de Eurocopter de mans de Messerschmitt-Bölkow-Blohm (MBB) coa designación Bo 108 nos anos 70. MBB desenvolveuno en asociación con Aérospatiale, e inicialmente creouse como un demostrador tecnolóxico, combinando atributos do exitoso MBB Bo 105 con novos avances é un deseño máis aerodinámico.[1][2] Entre as tecnoloxías incluídas no Bo 108 estaban o primeiro control de motor electrónico con autoridade tota (FADEC) nun helicóptero, un rotor principal sen bisagras, e a adopción dunha nova transmisión.[1] O primeiro prototipo realizou o seu voo de estrea o 17 de outubro de 1988, impulsado por dous motores Allison 250-C20R/1. O 5 de xuño de 1991 seguiulle un segundo Bo 108, con dous motores Turbomeca TM319-1B Arrius; a diferenza dos posterores aparellos de produción, estes dous demostradores tecnolóxicos usaron rotores de cola convencionais.[2]
A finais dos anos 90 o deseño foi revisado coa introdución do rotor de cola Fenestron, un avanzado rotor principal ríxido, materiais compostos, e sistemas de illamento por resoancia.[1] Decidiuse buscar un programa completo de certificación construíndose dous prototipos de preprodución; ao mesmo tempo decidiuse darlle ao Bo 108 a nova designación de EC135 para corresponderse coa recentemente creada Eurocopter.[1] Nese momento decidiuse que o EC135 debería desenvolverse coa opción de poder levar dous modelos de motores, o Turbomeca Arrius 2B e o Pratt & Whitney Canada PW206B; dous prototipos de preprodución foron construídos en 1994 cada un deles cun motor, demostrando ámbolos dous ser exitosos e incorporándose aos aparellos de produción.[2]
En xaneiro de 1995 o EC135 fixo a súa primeira aparición pública na convención Heli-Expo en Las Vegas, na que os compradores potenciais quedaron impresionados coa súa aparencia e o seu rendemento.[1] Outra característica que se fixo evidente ao entrar en servizo era os poucos niveis de ruído que producía, en parte grazas á súa cola fenestron, sendo o aparello máis silencioso da súa clase durante máis de 15 anos.[1] A pesar de que o deseño do helicóptero estaba principalmente orientado a operadores de emerxencias médicas, o EC135 tivo un atractivo considerable para unha gran variedade de clientes.[1] A certificación europea da JAA chegou o 16 de xuño de 1996 e a da FAA estadounidense o 31 de xullo.[2]
O 2 de decembro de 1999 o EC135 obtivo a certificación piloto-único IFR (SPIFR) da Luftfahrt-Bundesamt (LBA) alemá. En decembro de 2000 a Civil Aviation Authority do Reino Unido deulle tamén a certificación SPIFR ao EC135.[3]
No ano 2000 Eurocopter anunciou o comezo dos traballos de certificación do EC135P2, impulsado polo motor Pratt & Whitney Canada PW206B2, ofrecento un rendemento cun motor mellorado e potencia de emerxencia durante 30 segundos. A certificación LBA obtívose o 10 de xullo de 2001 e o primeiro EC135 cos novos motores foi entregado á policía sueca o 10 de agosto.[4] En setembro de 2002 o EC135T2 equipado co mellorado Turbomeca Arrius 2B2 estivo dispoñible, tamén proporcionando un mellor rendemento cun só motor.[4]
En 2002 o demostrador EC135 Active Control Technology/Flying Helicopter Simulator (ACT/FHS), un aparello de investigación deseñado para probar sistemas de control de voo baseados en fibra óptica, realizou o seu primeiro voo.[5] En 2014, Airbus Helicopters comezou a voar o Bluecopter Demonstrator, construído para explorar elementos de deseño máis eficientes, incluíndo operacións cun só motor con economía optimizada, palas do rotor Blue Edge para reducir o ruído e incrementar a eficiencia, un estabilizador horizontal recolocado fóra da corrente descendente do rotor principal, un temón activo, e nova pintura externa baseada en auga; eses cambios tiñan como obxectivo reducir o consumo de combustible un 40%.[6] En decembro de 2014 revelouse que a porción de operacións cun único motor das probas do Bluecopter adiábanse para o verán de 2016 para realizar os cambios necesarios na aviónica, así como nos sistemas FADEC dos motores.[7]
Na NBAA en marzo de 2007 en Atlanta, Eurocopter revelou o 'L’Hélicoptère par Hermès, unha edición especial VIP deseñada por Hermès International, S.A.; conta cunha luxosa cabina principal de catro prazas personalizable, unha partición de vidro deslizante, unha bodega de equipaxe corporativa, patíns redeseñados e outros cambios externos. O cliente de lanzamento do modelo é Falcon Aviation Services (FAS), baseado en Abu Zabi, Emiratos Árabes Unidos. En xullo de 2014, Airbus Helicopters anunciou que estaba permitindo máis opcións personalizadas para o EC135 l’Helicoptere par Hermes.[8]
En 2011 Eurocopter formalizou un acordo de fabricación baixo licenza con Zhong-Ou International Group para producir o EC135 Luxury Helicopter na provincia chinesa de Zhejiang.[9] En outubro de 2015 asinouse unha carta de intencións entre Airbus Helicopters e Ecopark para crear unha liña de montaxe na provincia de Qingdao; ese mesmo mes anunciouse un pedido relacionado valorado en 1 100 millóns de dólares por 100 H135 montados na China.[10] A meirande parte do traballo de montaxe do modelo permanece nas instalacións de Airbus Helicopter en Donauwörth, Alemaña.[11] A construción da nova liña de montaxe en Qingdao comezou en maio de 2017 e agardase o seu remate en 2018.[12]
En xaneiro de 2016 anunciouse que Ural Works of Civil Aviation (UWCA), unha división de Rostec, asinara un acordo para fabricar o H135 baixo licenza nas instalacións da firma en Ekaterimburgo, Rusia.[13][14] En maio de 2016 informouse que a produción rusa do H135 adiantárase para comezar en 2017, tras a recepción do certificado de tipo ruso; ademais, os fabricantes rusos poden ser incorporados na cadea de subministración global.[15]
Dúas variantes melloradas, o EC135 T3 e o EC135 P3, foron desenvolvidas cun mellor rendemento. Entre os cambios están o reposicionamento das entradas de aire dos motores, palas máis anchas no rotor principal, e cambios no dispositivo Fenestron. O EC135 T3 entrou en servizo en decembro de 2014.[16]