Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

Son Moix
Estadio de Son Moix.
Datos
Coordenadas39°35′N 2°38′L / 39.59, 2.63
LocalizaciónPalma, España
Construción
Inauguraciónxuño de 1999
ArquitectoAntonio Lamela
Estadio
SuperficiePasto
Dimensións105 x 68
Capacidade23.142
PropietarioAjuntament de Palma
OperadoraRCD Mallorca
LocalíaRCD Mallorca
Eventos
Universíada de 1999
editar datos en Wikidata ]

O Estadi de Son Moix (previamente coñecido coma Ono Estadi e máis tarde coma Iberostar Estadi por motivos de patrocinio[1]) é un estadio de fútbol situado na cidade de Palma, nas Illas Baleares.

Son Moix foi construído para a celebración da Universiada en Palma en 1999. É o estadio onde disputa os partidos o RCD Mallorca desde o ano 1999, xa que o club conseguiu chegar a un acordo co concello da cidade para a súa explotación con fins deportivos por un período de 50 anos. Entre 2010 e 2017 levou o nome da cadea hoteleira Iberostar.[1]

O estadio está situado no Camí dels Reis s/n no polígono industrial Can Valero de Palma, a uns 3 quilómetros do centro da cidade.

Instalacións

Ten capacidade para 23.142 espectadores e ten unhas dimensións de 105 x 68 metros. O estadio dispón de 2000 focos de luces, zona de prensa de 150 metros cadrados e capacidade para albergar uns 300 xornalistas. A zona de aparcadoiros dispón de 1.500 m² para unidades móbiles de televisión, 40 prazas para prensa e 2700 para público en xeral. Nesta tempada construíronse unhas bancadas supletorias que están xusto debaixo da tribuna cuberta, e tamén agrandaron o palco presidencial.

Novo estadio

O RCD Mallorca presentou o seu proxecto para a construción dun novo estadio de 40.000 espectadores para o club. Trátase dun proxecto do Estudo Lamela que inclúe, ademais do novo estadio, a construción de 3 rañaceos de 34, 22 e 16 plantas, chegando o maior deles a alcanzar os 160 metros de altura.

As torres terían un espazo total de 200.000 m² e contarían con centro de convencións, centro comercial e un gran aparcadoiro.

Aínda non se coñece cal podería ser a localización, xa que ademais do lugar que ocupa o actual estadio do club (propiedade municipal), a entidade propón outras 4 posibles localizacións. As institucións con todo prefiren que o estadio quede onde está, aínda que se que se mostran receptivas ao proxecto e as torres.

Notas

  1. 1,0 1,1 "Nace Iberostar Estadi". Arquivado dende o orixinal o 07 de decembro de 2013. Consultado o 24 de setembro de 2010. 

Ligazóns externas