Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

Editar as ligazóns
Infotaula de personaElpidio Villaverde

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento5 de novembro de 1887 Editar o valor em Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de novembro de 1962 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Deputado nas Cortes republicanas
24 de febreiro de 1936 – 2 de febreiro de 1939
Lexislatura: III lexislatura da Segunda República Española

Circunscrición electoral: Pontevedra
Deputado no Congreso dos Deputados
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina
España Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , industrial Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Republicana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsJesús Villaverde Rey Editar o valor em Wikidata

Elpidio Villaverde Rey, nado en Vilagarcía de Arousa o 5 de novembro de 1887 e finado en Buenos Aires o 17 de novembro de 1962, foi un político galego.

Traxectoria

Primeiros anos

Fillo de Jesús Villaverde Buceta e Rosalía Rey Barreiro (natural da Arxentina), tivo nove irmáns. En Vilagarcía fixo os seus primeiros estudos e traballou nos negocios paternos, a fábrica de salgado, o serradoiro e o Cine Fantasio. Marchou a Buenos Aires en 1904 coincidindo na viaxe co poeta Antonio Zapata, co que encabezou un motín contra os abusos e desatencións de que eran obxecto os emigrantes galegos por parte do capitán. Na Arxentina traballou en diversas oficinas comerciais e en 1906 regresou de novo a Galicia, onde se dedicou ás tarefas comerciais da súa familia.

Actividades diversas

Nomeado Presidente da Cámara de Comercio o 24 de novembro de 1922. Destacou polo contribución á creación da Xunta de Obras do Porto e pola creación da comisión administrativa do Porto (1923). Cooperou para que se executasen as obras da estrada da vila a Cornazo (1924). Tamén realizou xestións para a instalación do servizo telefónico interurbano (1926). Puxo a primeira pedra para a Praza de Abastos (maio de 1926). O 17 de outubro de 1930 renunciou á presidencia da Cámara.

Política e galeguismo

Militou nas Irmandades da Fala e posteriormente na ORGA, sendo elixido alcalde de Vilagarcía ao proclamarse a II República, ata que foi destituído en agosto de 1934. No seu mandato construíuse a actual Escola de Música e o antigo balneario. Durante o bienio negro, foi perseguido e encarcerado en Cambados. Nas eleccións xerais de 1936 foi electo deputado por Pontevedra por Izquierda Republicana na candidatura da Frente Popular, situación na que o colleu o inicio da guerra civil.

Saíu de Galicia en barco desde A Pobra do Caramiñal o 27 de xullo[1] de 1936 xunto co tenente de alcalde de Boiro José Martínez Virel na lancha San José nº 2, dirixíndose a Portugal onde o embaixador español Claudio Sánchez Albornoz o axudou para que puidera embarcar nun buque inglés camiño de Francia, desde onde pasou a Madrid, para integrarse no bando republicano.


Predecesor:
Valentín Viqueira Torrente
 
Alcalde de Vilagarcía de Arousa
 
1931 - 1934
Sucesor:
Carlos Francisco Poyán González

Exilio

Rematada a Guerra Civil, exiliouse en Francia e posteriormente trasladouse a Buenos Aires, cidade na que se dedicou aos negocios, rexentando o restaurante "La Casa de la Troya".

Acompañou a Castelao a Montevideo para fundar o 15 de novembro de 1944 o Consello de Galiza, xunto a Ramón Suárez Picallo e Antón Alonso Ríos. Falou no acto de constitución representado a Galicia. Elpidio pertenceu ao Consello ata a súa morte. Acudiu ás Cortes no exilio reunidas en México e á toma de posesión dos Presidentes das Repúblicas de Chile e do Uruguai.

Tomou parte no primeiro Congreso da Emigración Galega celebrado en Bos Aires en 1956.

Pasamento

Logo do seu repentino pasamento o 17 de novembro de 1962 foi velado no Centro pontevedrés e soterrado no Mausoleo do Centro Gallego, do que era socio desde a súa chegada á Arxentina. As súas cinzas foron traídas a Vilagarcía en 1988.

Vida persoal

Casou en outubro de 1916 con Rosina Otero. Foi o pai de Mariví Villaverde e sogro de Ramón de Valenzuela. Outra das súas fillas, Rosina Villaverde, casou con Sandalio Alonso de la Riva. O seu fillo máis novo foi Francisco Villaverde Otero.

Notas

  1. Pereira, D. e Fernández, E.: O movemento libertario en Galiza (1936-1976). A Nosa Terra, 2006, páxina 13

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas