Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Unha moeda é un ben económico que ten tres funcións: é un instrumento de unidade de conta, é un instrumento de troco e é un instrumento de reserva de valor. A moeda particular dun país denomínase divisa. As divisas flutúan entre si dentro do mercado monetario mundial (Forex). Deste xeito, podemos establecer distintos tipos de cambio entre divisas que varían en función de diversas variables económicas coma o crecemento económico, a inflación e o consumo interno dunha nación. As divisas máis estendidas debido á política poscolonial son o franco e a libra.
A moeda aparece en forma de pezas metálicas, chamadas moedas ou en forma de pezas de papel, chamados billetes. Tamén se presenta como "diñeiro de plástico" (tarxetas de crédito), como talóns, cheques ou notas promisorias.
Habitualmente, cada país ten establecida polo menos unha moeda oficial sobre o seu territorio presentada baixo diferentes medios de pago tamén de curso legal. En cambio, varios países poden:
Por motivos prácticos, unha divisa adoitan ter subdivisións, legais ou tradicionais: 1/1000 (os millimos do dinar tunisiano), 1/100 (os céntimos do euro), 1/20, 1/10, 1/8, 1/4 (o cuarto de dólar estadounidense) etc.
Desde os tempos prehistóricos os seres humanos trocaban os seus bens, en cada grupo humano foise impoñendo unha peza que servía de referente para o intercambio ata que esa peza pasou a representar unha certa cantidade de bens, que non se podía manipular facilmente e que acabou por dar orixe en Asia Menor á moeda como peza de metal que tiña un peso e unha lei garantida polo soberano ou polo estado. A aparición do papel moeda, coñecido na China desde o século VIII e no mundo occidental desde o século XVII supuxo outro chanzo no desenvolvemento da moeda.
A tradición dos cambistas vai unida á aparición do diñeiro e da banca unidas ao comercio, como verdadeiro propiciador da profesión. Son aspectos que van unidos durante moitos séculos. En especial, quizais, foi na Europa medieval onde aflorando moitas cidades que cuñaron a súa propia moeda, cando se comezou a detectar unha profesionalización do oficio.[1]
No último terzo do século XIX, coa aparición do patrón ouro,[2] e da Unión Monetaria Latina[3] establecéronse oficialmente as primeiras paridades reguladas entre as divisas de cada país. O primeiro, en moitos casos de facto, non foi abandonado ata 1914.[4]
No período de entreguerras xa non se puido volver restaurar o sistema, entre moitas outras razóns, porque moitas economías se mostraban fortemente desestabilizadas e porque a produción de ouro era escasa.[5] Na década de 1920, pouco antes da Gran Depresión de 1929, eran trinta e catro países os que adoptaran de novo o Patrón Cambios Ouro.[6][7] Coas crises, durante a década de 1930, as condicións en Europa non melloraron, facendo que varios países abandonasen o patrón ouro.[8]
Houbo que agardar a finais da segunda guerra mundial, 1944, a que se asinasen os acordos de Bretton Woods dos que xurdiu o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial coa finalidade de lograr a estabilidade dos cambios de divisas.[9] Como consecuencia da Guerra de Vietnam, rompéronse os acordos en 1971. Despois de 1976, e da desaparición do sistema de cambio fixo, o FMI tomou un papel preponderante ante países en desenvolvemento e crises financeiras internacionais.
Acerbaixán - Manat acerbaixano
Afganistán - Afgani
Albania - Lek
Alemaña - Euro
Alxeria - Dinar alxeriano
Andorra - Euro
Angola - Kwanza
Antiga e Barbuda - Dólar do Caribe Oriental
Arabia Saudita - Riyal
Armenia - Dram
Arxentina - Peso arxentino
Australia - Dólar australiano
Austria - Euro
Bahamas - Dólar bahamés
Bahrain - Dinar bahrainí
Bangladesh - Taka
Barbados - Dólar barbadés
Bélxica - Euro
Belize - Dólar belizense
Benín - Franco CFA
Belarús - Rublo belaruso
Birmania - Kyat
Bolivia - Boliviano
Bosnia e Hercegovina - Marco convertible
Botswana - Pula
Brasil - Real
Brunei - Dólar bruneiano
Bulgaria - Lev
Burkina Faso - Franco CFA
Burundi - Franco burundiano
Bután - Ngultrum
Cabo Verde - Escudo caboverdiano
Camboxa - Riel
Camerún - Franco CFA
Canadá - Dólar canadense
Casaquistán - Tenge
República Centroafricana - Franco CFA
Chad - Franco CFA
República Checa - Coroa checa
Chile - Peso chileno
China - Iuan
Chipre - Euro
Colombia - Peso colombiano
Comores - Franco comoriano
República do Congo - Franco CFA
República Democrática do Congo - Franco congolés
Corea do Norte - Won norcoreano
Corea do Sur - Won surcoreano
Costa do Marfil - Franco CFA
Costa Rica - Colón costarriqueño
Croacia - Euro
Cuba - Peso cubano
Djibuti - Franco djibutiano
Dinamarca - Coroa dinamarquesa
Dominica - Dólar do Caribe Oriental
República Dominicana - Peso dominicano
Ecuador - Dólar estadounidense
Emiratos Árabes Unidos - Dirham dos Emiratos Árabes Unidos
Eritrea - Nakfa
Eslovaquia - Euro
Eslovenia - Euro
España - Euro
Estados Unidos - Dólar estadounidense
Estonia - Euro
Eswatini - Lilangeni
Etiopía - Birr
Exipto - Libra exipcia
Fidxi - Dólar fidxiano
Filipinas - Peso filipino
Finlandia - Euro
Francia - Euro
Gabón - Franco CFA
Gambia - Dalasi
Ghana - Novo cedi
Granada - Dólar do Caribe Oriental
Grecia - Euro
Guatemala - Quetzal
Güiana - Dólar güianés
Guinea - Franco guineano
Guinea-Bissau - Franco CFA
Guinea Ecuatorial - Franco CFA
Haití - Gourde
Honduras - Lempira
Hungría - Forint
Iemen- Rial iemení
India - Rupia india
Indonesia - Rupiah [10]
Irán - Rial iraniano
Iraq - Dinar iraquí
Irlanda - Euro
Islandia - Coroa islandesa
Israel - Novo shekel
Italia - Euro
Kenya - Xilin kenyano
Kirguizistán - Som kirguiz
Kiribati - Dólar australiano
Kuwait - Dinar kuwaití
Laos - Kip
Lesotho - Loti
Letonia - Euro
Líbano - Libra libanesa
Liberia - Dólar liberiano
Libia - Dinar libio
Liechtenstein - Franco suízo
Lituania - Litas
Luxemburgo - Euro
Macedonia do Norte - Denar
Madagascar - Ariary
Malaisia - Ringgit
Malaui - Kwacha de Malawi
Maldivas - Rufiyaa
Malí - Franco CFA
Malta - Euro
Marrocos - Dirham marroquí
Illas Marshall - Dólar estadounidense
Mauricio - Rupia mauriciana
Mauritania - Ouguiya
México - Peso mexicano
Micronesia - Dólar estadounidense
Moldova - Leu moldovo
Mónaco - Euro
Mongolia - Tugrik
Montenegro - Euro
Mozambique - Metical
Namibia - Dólar namibio
Nauru - Dólar australiano
Nepal - Rupia nepalesa
Nicaragua - Córdoba
Níxer - Franco CFA
Nixeria - Naira
Noruega - Coroa norueguesa
Nova Zelandia - Dólar neozelandés
Omán - Rial omaní
Países Baixos - Euro
Palau - Dólar estadounidense
Panamá - Balboa
Papúa Nova Guinea - Kina
Paquistán - Rupia paquistaní
Paraguai - Guaraní
Perú - Nuevo sol
Polonia - Złoty
Portugal - Euro
Qatar - Rial qatarí
Reino Unido - Libra esterlina
Romanía - Leu romanés
Ruanda - Franco ruandés
Rusia - Rublo ruso
Saint Kitts e Nevis - Dólar do Caribe Oriental
Illas Salomón - Dólar das Illas Salomón
O Salvador - Dólar estadounidense
Samoa - Tala
San Marino - Euro
San Tomé e Príncipe - Dobra
San Vicente e as Granadinas - Dólar do Caribe Oriental
Santa Lucía - Dólar do Caribe Oriental
Seychelles - Rupia seichelesa [10]
Senegal - Franco CFA
Serbia - Dinar serbio
Serra Leoa - Leone
Singapur - Dólar singapuriano
Siria - Libra siria
Somalia - Xilin somalí
Sri Lanka - Rupia srilankesa
Sudán - Libra sudanesa
Sudán do Sur - Libra sursudanesa
Suecia - Coroa sueca
Suíza - Franco suízo
República Surafricana - Rand
Suriname - Dólar surinamés
Tailandia - Baht
Tanzania - Xilin tanzano
Taxiquistán - Somoni
Timor Leste - Dólar estadounidense
Togo - Franco CFA
Tonga - Pa'anga
Trinidad e Tobago - Dólar de Trinidad e Tobago
Tunisia - Dinar tunisiano
Turkmenistán - Manat turcomán
Turquía - Lira turca
Tuvalu - Dólar australiano
Ucraína - Hryvnia
Uganda - Novo xilin ugandés
Uruguai - Peso uruguaio
Uzbekistán - Som uzbeko[10]
Vanuatu - Vatu
Vaticano - Euro
Venezuela - Bolívar venezolano
Vietnam - Dong vietnamita
Xamaica - Dólar xamaicano
Xapón- Ien
Xeorxia- Lari
Xordania - Dinar xordano
Zambia - Kwacha zambiano
Abkhazia - Rublo ruso
Akrotiri e Dhekelia - Euro
Alderney - Libra esterlina, libra de Guernsey
Anguila - Dólar do Caribe Oriental
Artsakh - Dram
Aruba- Florín de Aruba
Illa de Ascensión- Libra esterlina
Bermudas - Dólar bermudano
Bonaire - Dólar estadounidense
Illas Caimán - Dólar das Illas Caimán
República Turca do Norte de Chipre - Lira turca
Illas Cocos - Dólar australiano
Illas Cook - Dólar das Illas Cook, dólar neozelandés
Curaçao - Florín das Antillas Neerlandesas
Illas Feroe - Coroa feroesa, coroa dinamarquesa
Guam - Dólar estadounidense
Guernsey - Libra de Guernsey, libra esterlina
Hong Kong - Dólar de Hong Kong
Illa de Jersey - Libra de Jersey
Kosovo - Euro
Macau - Pataca
Illas Malvinas - Libra malvinense
Illa de Man - Libra manesa, libra esterlina
Illas Marianas do Norte - Dólar estadounidense
Illa Montserrat - Dólar do Caribe Oriental
Niue - Dólar neozelandés
Nova Caledonia - Franco CFP
Osetia do Sur - Rublo ruso
Palestina - Novo shekel, dinar xordano
Illas Pitcairn - Dólar neozelandés
Polinesia Francesa - Franco CFP
Porto Rico - Dólar estadounidense
Saba - Dólar estadounidense
Sáhara Occidental - Dinar alxeriano, ouguiya, dirham marroquí, peseta saharauí
Santo Eustaquio - Dólar estadounidense
Santa Helena - Libra de Santa Helena
Sint Maarten - Florín das Antillas Neerlandesas
Somalilandia - Xilin somalí
Taiwán - Novo dólar taiwanés
Territorio Británico do Océano Índico - Dólar estadounidense
Transnistria - Rublo transnistriano
Tristan da Cunha - Libra de Santa Helena
Illas Turcas e Caicos - Dólar estadounidense
Illas Virxes Británicas - Dólar estadounidense
Illas Virxes Estadounidenses - Dólar estadounidense
Wallis e Futuna - Franco CFP
Illas Xeorxia do Sur e Sandwich do Sur - Libra esterlina
Xibraltar - Libra xibraltareña