Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

Editar as ligazóns
Corvite
Igrexa de Corvite.
ConcelloAbadín[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°18′00″N 7°29′00″O / 43.3, -7.48333333
Área8,15 km²
Poboación77 hab. (2019)
Densidade9,45 hab./km²
Entidades de poboación12[1]
editar datos en Wikidata ]

San Pedro de Corvite é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Tiña 87 habitantes en 2015 (43 homes e 44 mulleres) segundo datos do IGE[2], cunha densidade de 10,67 hab/km². Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando tiña 89 habitantes (44 homes e 45 mulleres), e dez habitantes menos que en 2004.

As entidades son A Cabeceira (16), Os Carracedos (13), Casás (13), Chouselas (1), O Espiño do Cal (19), A Fumeira (2) e A Laxe (23). Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: Cizán, Outarelo, Redemuiños, Relota e A Torre.

Ten unha superficie de 8,15 km². Limita coas parroquias de Moncelos, Baroncelle, Goás, Cabaneiro e Vilarente xunto co concello da Pastoriza. Pertence ao arciprestado de Baroncelle.

Na súa orografía destacan os montes de Sabugueiras (682 m) e Argán (585 m).

Patrimonio

Esta parroquia, ao igual que as adxacentes é moi rica en cruceiros.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias

Lugares de Corvite

Parroquias de Abadín

As dezanove parroquias que conforman o concello de Abadín.


Notas

Véxase tamén

Outros artigos