Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

Modelo:Xeografía políticaCondado de Anjou

Localización
Datos históricos
Creación930 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Disolución1360 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Sucedido porDuchy of Anjou (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Situación do condado de Anjou

O Condado de Anjou, máis tarde Ducado de Anjou, era unha xurisdición feudal de Francia fundada no século IX con capital en Angers, que incluía a rexión de Anjou. Foi convertido en ducado en 1360 e incorporouse finalmente á coroa francesa en 1483.

Historia

As orixes

En 845, Carlos o Calvo designou para o posto de Forestier royal da rexión ao leste de Angers un señor de segunda fila chamado Tortulf, que gobernou ata despois do 851, cando o sucedeu o seu fillo Tertul, un xefe militar, que destacou nas loitas contra o rei bretón Erispoé e no 852 contra os nórdicos, polo que recibiu máis posesións en Château Landon (Gâtinais e o Orleanesado. Tertul morreu no 877 e sucedeuno o seu fillo Ingelger, que, pola súa nai Petronila, estaba relacionado con Hugo, o abade duque de Neustria, e personaxe principal do reino. Recibiu o Vizcondado de Orleáns e logo a prefectura militar de Tours. Ingelger tamén emparentou cos señores de Buzancais e a súa muller aportoulle como dote algunhas terras (Chatillon sur Indre e unha parte do territorio de Amboise). En 879, o rei concedeulle a parte oriental de Anjou ao leste de Mayenna (o oeste pertencíalle ao conde Lambert de Nantes, pero foi conquistada polos bretóns). Morreu no 888 e sucedeuno o seu fillo Fulque I o Roxo.

En 898, o rei deulle a Fulque o vizcondado de Angers (onde sucedeu a Hardrad) e a parte occidental de Anjou. A súa muller era Roscilla, filla de Garnier, señor de Loches. Recibiu o título de Conde de Anjou en 929, título que van levar os seus sucesores desde entón. En liña directa, esta primeira dinastía extinguiuse en 1060 e o condado pasou a Godofredo III o Barbudo, conde de Gâtinais, fillo de Ermengarda, irmá do último conde, que inaugurou a dinastía chamada Plantagenet. Con Henrique, fillo de Godofredo V de Anjou, esta dinastía chegou ao trono de Inglaterra en 1154.

O paso á coroa real e á dinastía Capeto de Anjou-Sicilia

Confiscado polo rei Filipe Augusto de Francia, pertenceu á coroa ata 1237, cando o rei Lois IX de Francia llo regalou por matrimonio ao seu irmán Carlos I de Anjou, conde da Provenza, que conquistou o Reino de Sicilia. En 1282, a rebelión de Sicilia en favor de Pedro o Grande, rei de Cataluña-Aragón, coñecido como Vésperas sicilianas, quitoulle a illa e inmediatamente Calabria. As loitas entre os Anjou e os cataláns duraron 21 anos. Carlos II de Anjou, fillo de Carlos I, axustou a paz tres veces cos cataláns, pero só a derradeira, en 1303, foi definitiva. En 1290, Carlos II cedeu os condados de Anjou e Maine á súa filla Margarida de Anjou como dote do seu casamento con Carlos I de Valois (Carlos III de Anjou); A este sucedeuno (en 1325 ) o seu fillo Filipe que, en 1328, chegou ao trono de Francia (Filipe VI ) e incorporou no os dous condados.

En 1331, o condado de Anjou foi cedido a Xoán, segundo fillo de Filipe VI de Francia, que en 1350 subiu ao trono de Francia (Xoán II de Francia), e en 1351 cedeullo ao seu segundo fillo, Lois I de Anjou. En 1360, o condado foi convertido nun ducado. Lois foi adoptado pola raíña Xoana I de Nápoles, que o designou herdeiro, pero antes de chegar ao país o trono foi ocupado polo anterior adoptado e herdeiro Carlos de Durazzo (Carlos III de Nápoles), e morreu o 30 de setembro de 1384. Sucedeuno o seu fillo, Lois II, que en 1387 ocupou o condado da Provenza xunto aos partidarios de Carlos de Durazzo, e en 1389, falecido Carlos, foi coroado rei de Nápoles, aínda que despois de dez anos foi expulsado polos señores do reino. En 1400, Lois II casou con Violante de Aragón; En 1410, regresou a Nápoles e derrotou ao rei Ladislau de Durazzo sen poder recuperar o trono. Morreu o 29 de abril de 1417 e sucedeuno o seu fillo Lois III de Anjou, que faleceu en 1434 e sucedeuno o seu irmán Renato de Anjou, que loitou con Afonso de Aragón pola posesión de Nápoles, ata 1442, cando Afonso se impuxo. Afonso, rei de Trinacria (Sicilia) e Sicilia (Nápoles), tomou o título de rei das dúas Sicilias. Renato estableceu a súa residencia en Saumur, Anjou, e logo en Aix-en Preovence. Á súa morte, en 1480, e mortos o seu fillo Xoán en 1471 e o seu neto Nicolao en 1473, un sobriño de Renato, Carlos (fillo de Carlos de Maine, irmán de Renato) foi proclamado rei nominal de Nápoles, duque de Anjou e Maine, e conde da Provenza, pero morreu en 1481 e a herdanza correspondeu ao rei Lois XI de Francia e as posesións francesas, así como os supostos dereitos sobre Nápoles tras a morte de Violante, filla de Renato, en 1483, ficaron permanentemente incorporada á coroa (foi doada, con todo, en apanaxe).

Lista dos condes de Anjou, despois duques de Anjou

Condes de Anjou non hereditarios

Condes de Anjou hereditarios

Robertianos
Ingelgerianos
Plantagenet[1]
Armas de Godofredo V Plantagenet
Capetos directos
Armas dos condes capetos de Anjou
Casa de Valois

Duques de Anjou

En 1360, Anjou erixiuse en ducado.

Armas dos duques de Anjou
Casa de Valois

Duques de Anjou (feudo atribuído)

Á morte de Carlos IV, o ducado de Anjou foi oficialmente agregado á coroa. o condado foi atribuído en apanaxe a diversos príncipes (apanaxistas) da casa de Valois e de Borbón que portaron o título sen orixinaren dinastías.

Título de cortesía

Casa de Borbón de España

O título de «duque de Anjou» pórtao desde principios do século XX a rama dos Borbóns xurdida de Filipe V, que se volveu o representante máis vello da casa dos Capetos e por tanto herdeiro lexitimista da coroa francesa, despois da morte en 1883 do conde de Chambord, derradeiro herdeiro de Lois XV de Francia.

Descendentes de Filipe V, duque de Anjou antes de converterse en rei de España, esta rama dos Borbons, que non tiña o ducado de Anjou conservou o seu brasón no escudo de España. A rama vella retomou as armas de Francia.

  • 1918-1931 : Xaime de Borbón (1870-1931), «duque de Madrid», o máis vello dos descendentes de Filipe de Francia (1683-1746), duque de Anjou que se converteu en Filipe V, rei de España.
  • 1931-1936 : Afonso Carlos de Borbón (1849-1936), «duque de San Jaime» (1931), tío do anterior; proclamado «duque de Anjou» polos seus partidarios franceses, se ben semella que non usou o título.
  • 1946-1975 : Xaime Henrique de Borbón (1908-1975), «duque de Anjou, de Segovia e de Toledo»[2] (1935) curmán do anterior.
  • 1975-1989: Afonso de Borbón e Dampierre, duque de Anjou e de Cádiz[3] (1972), fillo do anterior.
  • 1989 - Lois de Borbón (1974), «duque de Anjou»[4] (1984), fillo do anterior, xefe da casa dos Capetos.
Casa de Orleáns

O título de «duque de Anjou» foi reclamado tamén desde 2004 por un membro da casa de Orleáns, xurdida de Filipe, duque de Orleáns, segundo fillo do rei Lois XIII. Esta rama converteuse en pretendente orleanista da coroa de Francia, despois da morte en 1883 do conde de Chambord.

Notas

  1. Titles of the counts and dukes of Anjou
  2. Bottin mondain 1973, V° Ajou, Ségovie et Tolède (duque de ), pàg. 459.
  3. Bottin mondain 1980, V° Ajou, Ségovie et Tolède (duque de ), pàg. 358.
  4. Bottin mondain 2004, 2008, V° "Bourbon (Maison royale de)".
  5. Títol esmentat per Jacques Leclercq, a Droites conservatrices, nationales et ultras : dictionnaire 2005-2010, Paris : L'Harmattan, 2010, pàg. 20.
  6. o títol no figura pas al Bottin mondain 2009, V° Famille de Orléans on en canvi apareix un príncep Carlos-Lois de Orleáns titulat «duque de Chartres».
  7. «Nueva polémica entre los Orleans y los Borbones» a nueva-polemica-entre-los-orleans-y-los-borbones, ABC, 10/12/2004.

Véxase tamén

Outros artigos