Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Chip e Chop (no orixinal en inglés Chip 'n Dale) son dúas tamias ficticias da Walt Disney, que aparecen en series de debuxos animados e historietas infantís. Chip e Chop non son verdadeiros esquíos, senón uns roedores do xénero Tamias, semellantes aos esquíos, tamén da familia Sciuridae.
De acordo coa Disney, Chip é o lóxico e Chop o tolo. Aparecen en varios debuxos do Pato Donald como antagonistas simpáticos, mais a súa estrea deuse nuns debuxos do Pluto de 1943. En 1989 protagonizaron unha serie propia: Chip 'n Dale Rescue Rangers (En Galicia emitido en castelán no espazo Club Disney de Televisión Española co nome Chip y Chop Guardianes Rescatadores ).
Chip: irmán de Chop, é o máis intelixente dos dous. Está apaixonado por Gaddy Hackwrench, unha ratiña moi intelixente que tal como Chip, nunca demostra o seu amor por el, mais todos saben que os dous se aman. En Portugal coñécese co nome de Tico.
Chop (Dale): irmán de Chip, é medio tolo, mais cando se trata de salvar a vida fai o imposíbel virar real, Chop tamén gusta de Gaddy, mais sabe que o seu irmán gusta dela e non di ren. En Portugal coñécese co nome de Teco; Dale é o nome orixinal en inglés e o empregado en América Latina.