Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Nome orixinal | (zh-hant) 陳菊 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de xuño de 1950 (74 anos) Sanxing, Taiwán (en) |
President of the Control Yuan (en) | |
1 de agosto de 2020 – ← Chang Po-ya (en) | |
Secretary-General to the President, Republic of China (en) | |
23 de abril de 2018 – 20 de maio de 2020 ← Liu Chien-sin (en) – Su Jia-chyuan (en) → Nomeado por: Tsai Ing-wen | |
Chairperson of the Democratic Progressive Party (en) | |
29 de febreiro de 2012 – 30 de maio de 2012 ← Tsai Ing-wen – Hope Su (pt) → | |
Alcaldesa de Kaohsiung | |
25 de decembro de 2006 – 22 de abril de 2018 ← Yeh Chu-lan (en) – Hsu Li-ming → | |
Minister of Labor (en) | |
20 de maio de 2000 – 19 de setembro de 2005 | |
Member of the National Assembly of the Republic of China (en) | |
1992 – 1995 | |
Datos persoais | |
Educación | Shih Hsin University (en) National Tou-Cheng Home Economics and Commercial Vocational High School (en) National Sun Yat-sen University (en) - Mestrado |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Partido Democrático Progressista (pt) (1986–2020) Chinese Youth Party (en) (1969–1979) |
Chen Chu (en chinés: 陳菊) nada o 10 de xuño de 1950, é unha política taiwanesa, presidenta do Yuan de Control e da Comisión Nacional dos Dereitos Humanos[1].
Logo de graduarse na Escola de Xornalismo Shih Hsin en 1969 foi, ao longo da década de 1970, a secretaria de Kuo Yu-hsin, un dos máis recoñecidos membros do movemento opositor tolerado Tangwai. En 1979 axudou a fundar a revista opositora Formosa e exerceu brevemente como a directora da oficina da revista en Kaohsiung. Chen foi unha dos oito destacados disidentes, coñecidos como os "oito de Kaohsiung" que foron detidos o 13 de decembro de 1979 e condenados en 1980 a doce anos de prisión polo coñecido como "incidente de Kaohsiung" e pasaron na cadea case seis anos durante o período da lei marcial en Taiwán. En 1986 saíu do cárcere e uniuse ao Partido Democrático Progresista (PDP).
Entre 1994 e 1998 dirixiu o departamento de servizos sociais de Taipei durante o mandato do alcalde Chen Shui-bian e ocupou o mesmo posto en Kaohsiung de 1998 ao ano 2000. No ano 2000 realizou un mestrado de relacións públicas na Universidade Nacional Sun Yat-sen. Ao acceder á presidencia do país Chen Shui-Bian en maio de 2000, Chen Chu encabezou o ministerio de traballo en sucesivos gabinetes ata 2005.
O 9 de decembro de 2006 gañou a elección á alcaldía de Kaohsiung a primeira alcaldesa electa na cidade, e fíxoo por pouco de máis de 1100 votos sobre o candidato do Kuomintang Huang Jun-ying que recorreu a súa vitoria diante a xustiza e aínda que unha primeira sentenza en xuño de 2007 anulou as eleccións, unha instancia xudicial superior confirmou a súa vitoria en novembro de 2007[2]. En 2009 Chen viaxou á República Popular da China para promover os Xogos Mundiais que se ía celebrar nese ano na súa cidade e reuniuse cos alcaldes de Beijing e Shanghai e o presidente do Comité Olímpico da China. Os xogos, que se celebraron entre o 16 e o 26 de xullo, supuxeron un importante beneficio económico para a cidade[3]. Por mor da unión da cidade de Kaohsiung e o condado homónimo en 2010 logrou a reelección do novo municipio especial de Kaohsiung co 53% votos e o 68% dos votos logrou en 2014.
Entre 1 de marzo e o 30 de maio de 2012 foi presidente interina do PDP tras a marcha da súa líder Tsai Ing-wen logo de perder as eleccións presidenciais dese ano.
O 23 de abril de 2018 a presidenta taiwanesa, Tsai Ing-wen designouna secretaria xeral da oficina presidencial[4] posto que mantivo ata o 20 de maio de 2020
O 22 de xuño o presidente taiwanés anunciou que a elixira para dirixir o Yuan de Control[5]malia ser Chen partidaria da supresión desa institución [6][7][8] entre críticas da oposición[9][10][11][12][13], o Yuan Lexislativo confirmou a candidatura por 65 a 3 votos[14]despois de varios días de enfrontamentos na cámara[15][16]os lexisladores do Kuomintang e do Partido Popular Taiwanés boicotearon a votación e os do Partido do Novo Poder votaron en contra[17][18][19]. Segundo as regras internas o seu partido suspendeuna de militancia durante o período como presidenta do Yuan de Control e Chun anunciou que desexaría ser a derradeira presidenta da institución[20].