Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Os círculos nas plantacións, tamén chamados de agroglifos, son formacións de tamaño considerábel creadas por medio do esmagamento dun campo de cultivo, como cereais, colza, cana e gramíneas. Estas marcas nas plantacións normalmente son complexas e non sempre presentan forma circular. Malia os moitos estudosos que alegan causas naturais descoñecidas ou orixe alieníxena como explicación para o fenómeno, o consenso científico é que case tódolos casos son obra do ser humano, con poucas excepcións posibelmente formadas por fenómenos naturais ou meteorolóxicos.
O concepto de círculos nas plantacións xurdiu a finais da década de 1970 por conta de hoaxes feitos por Doug Bower e Dave Chorley (véxase Bower e Chorley, abaixo).[1][2][3][4][5] Eles dixeron que foron inspirados polo caso de Tully, Queensland, Australia, onde un agricultor encontrou un círculo achatado de xuncos no pantano, despois de observar un ovni, o que posteriormente foi explicado como un remuíño natural.[2]
Os círculos no Reino Unido, país onde están rexistrados a a maioría dos casos, non están distribuídos aleatoriamente por toda a paisaxe senón que aparecen preto das estradas, en áreas de densidade de poboación media ou alta, achegados a monumentos do patrimonio cultural, tales como Stonehenge ou Avebury, e sempre en áreas de fácil acesso.[6] Vestixios arqueolóxicos poden causar marcas en campos con formas de círculos e cadrados, mais non aparecen durante a noite e están sempre nos mesmos lugares todo o tempo.
As formacións polo xeral son creadas durante a noite,[7] malia que existen algúns relatos que os suxiren durante o día.[8] Varias teorías foron propostas, dende fenómenos naturais e hoaxes feitos polo home até extraterrestres, o paranormal e até mesmo outros animais.[7] Malia que non se sabe por completo o proceso de formación de tódolos círculos en plantacións, a explicación máis plausíbel é que todos, ou case todos, foron obra de persoas.[7]