Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

, escrito BibTeX en caracteres normais, é unha ferramenta para darlle formato ás listas bibliográficas. A ferramenta BibTeX utilízase normalmente xunto co sistema de preparación de documentos (LaTeX).

BibTeX foi creado por Oren Patashnik e Leslie Lamport en 1985. BibTeX pretende que resulte doado citar fontes de maneira consistente separando a información bibliográfica da presentación desta información. O mesmo principio de separación de contido e presentación/estilo é o que empregan o mesmo LaTeX, XHTML, CSS etc.

Ficheiro de información bibliográfica: .bib

BibTeX usa un formato de ficheiro baseado en texto e independente do estilo para listas de bibliográficas, como artigos, libros ou teses. Os ficheiros de bibliografías en BibTeX normalmente rematan en .bib.

Os elementos da bibliografía incluídos nun ficheiro .bib están divididos dependendo dos tipos. Practicamente todos os estilos bibtex recoñecen os tipos seguintes:

  • article: Un artigo dunha publicación periódica.An article from a journal or magazine.
  • book: Un libro con editora explícita. Campos requiridos: autor ou editor, título, editora, ano.
  • booklet: Unha obra que está impresa e encadernada, mais sen editora ou institución coñecida.
  • conference: O mesmo que inproceedings, incluído por compatibilidade coa linguaxe de etiquetaxe Scribe.
  • inbook: Unha parte dun libro, que pode ser un capítulo (sección etc.) e/ou un rango de páxinas.
  • incollection: Unha parte dun libro con título propio.
  • inproceedings: Un artigo nas actas dun congreso.
  • manual: Documentación técnica
  • mastersthesis: Unha memoria de licenciatura
  • misc: A utilizar se non cadra ningún dos outros.
  • phdthesis: Unha tese doutoral.
  • proceedings: As actas dun congreso.
  • techreport: Un informe publicado por un centro educativo ou outra institución, normalmente numerado dentro dunha colección.
  • unpublished: Un documento con autor e título, mais non publicado formalmente.

Ficheiro de estilo bibliográfico: .bst

Os ficheiros de estilo de BibTeX, que normalmente teñen o prefixo .bst, escríbense nunha linguaxe de programación simple, baseada en pillas, que describe como habería que formatar os elementos da bibliografía. O programa de BibTeX bibtex daralles entón o formato aos elementos bibliográficos seguindo este ficheiro de estilo, normalmente xerando comandos de formato en TeX ou LaTex. Existen tamén ficheiros de estilo para xerar saída en HTML.

Exemplo

Un ficheiro .bib podería conter a entrada seguinte, que describe un manual de matemáticas.

@Book{abramowitz+stegun,
  author =	 "Milton Abramowitz e Irene A. Stegun",
  title = 	 "Handbook of Mathematical Functions with
                  Formulas, Graphs, and Mathematical Tables",
  publisher = 	 "Dover",
  year = 	 1964,
  addres =	 "Nova York",
  edition =	 "novena impresión de Dover, décima impresión de GPO",
  isbn =         "0-486-61272-4"
}

Se un documento fai referencia a este manual, a información bibliográfica pódese formatar de maneiras distintas dependendo do estilo de citación que se empregue (APA, MLA, Chicago etc.). LaTeX especifica os comandos \cite e o estilo bibliográfico desexado no documento LaTeX. Se o comando \cite{abramowitz+stegun} aparece dentro dun documento LaTeX, o programa bibtex incluirá este libro na lista de referencias do documento e xerará o código de formato de LaTeX apropiado. Ao ver o documento en LaTeX xa formatado, o resultado podería ser algo así como:

Abramowitz, Milton e Irene A. Stegun (1964), Handbook of mathematical functions with formulas, graphs, and mathematical tables. Nova York: Dover.

Dependendo do ficheiro de estilo, BibTex pode redistribuír os apelidos dos autores, usar só maiúsculas ou minúsculas, omitir algúnss campos presentes no ficheiro .bib, formatar o texto en cursiva, engadir puntuación etc. Dado que se utiliza o mesmo ficheiro para toda unha lista de referencias, a estas dáselle un formato consistente co mínimo esforzo da parte dos autores ou editores.

Ficheiros de estilo para diferentes usos

Existen moitos ficheiros de estilo xa preparados para diferentes publicacións. Para personalizar os estilos de citación aínda máis, pódense empregar os programas natbib ou makebst.

Véxase tamén

Ligazóns externas