Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
Nome orixinal | (fa) باب (ar) الْبَاب |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (fa) عَلی مُحَمَّد شیرَازی 20 de outubro de 1819 Xiraz, Irán |
Morte | 9 de xullo de 1850 (30 anos) Tabriz, Irán (pt) |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Santuário do Báb (pt) |
Relixión | Babismo (pt) |
Actividade | |
Ocupación | relixioso, Manifestação de Deus (pt) , predicador, comerciante |
Familia | |
Cónxuxe | Khadíjih-Bagum (1842–1850) |
Descrito pola fonte | Islamskiy enciklopedicheskiy slovar (en) |
Siyyid Mírzá 'Alí-Muhammad (میرزا علیمحمد en farsi), nado en Shiraz o 20 de outubro de 1819 e finado en Tabriz o 9 de xullo de 1850, foi un reformador relixioso, coñecido como Báb (A porta) fundador do Babismo, e unha das figuras centrais da Fe Bahá'í.
Era mercante novo de Persia, que o 23 de maio de 1844 comeza a anunciar a chegada do grande educador universal, e fai os seus primeiros 18 discípulos, coñecidos como Letras do Vivente. Pola oposición do clero islámico o gobernador de Shiraz arréstao e sofre martirio e finalmente foi executado. En 1863 un dos seus seguidores, un nobre persa de Teherán, colle o nome de Bahá'u'lláh (A gloria de Deus) e anuncia que el é o grande educador universal que anunciara o Báb, o que resulta a orixe da Fe Bahá'í.