Benvida/o a Wikipedia! Case calquera páxina pode ser editada por calquera persoa, e cada hora fanse moitos cambios para engadir contido, corrixir erros ou mellorar a lexibilidade. Calquera cambio que faga é visible inmediatamente e, por trivial que pareza a edición, pode sentir a satisfacción de axudar a facer de Wikipedia o que é.
Esta páxina condúceo a través dun conxunto de titoriais de introdución dirixidos ás persoas chegadas recentemente que estean interesadas en contribuír. Cubre tódolos aspectos básicos necesarios para usar, comentar e contribuír nos artigos de Wikipedia. Existen dous métodos de edición: o
Editor Visual e
Wikitexto. Cada titorial dura uns 10 minutos, para que poida converterse en
wikipedista en tan só unha hora!.