Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.
A acuicultura (do latín aqua: auga; e -cultura: cultivo) é a cría ou cultivo de organismos acuáticos[1], especialmente peixes, crustáceos, moluscos e algas, destinados á alimentación humana ou animal. Tamén se pode dedicar á produción de especies ornamentais para a acuariofilia, ou o cultivo de especies para a posterior elaboración de materias primas para a industria, repoboación e conservación de especies ameazadas, produción de perlas etc.
Dous terzos da produción mundial corresponden a China. Segundo datos da Xunta de Galicia no ano 2002 había en Galicia 3.537 bateas, 1.200 parques de cultivo, 17 granxas mariñas, 37 granxas continentais e 5 criadeiros, cunha produción total de 267.000 toneladas (256.000 de mexillón) [Cómpre referencia].