O 9 de xaneiro é o 9º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 356 días para finalizar o ano , 357 nos anos bisestos .
Acontecementos
475 - o emperador bizantino Zenón é forzado a fuxir da súa capital en Constantinopla e o seu xeneral, Basilisco , toma o control do imperio.
1693 - Un terremoto atinxe en Sicilia máis de 60 aldeas e poboados, causando a morte de 50 000 persoas.
1768 - O inglés Philip Astley presenta en Londres o primeiro circo moderno, con acróbatas , pallasos e animais.
1822 - No Brasil , Pedro I (IV de Portugal) declara que ficará no país a pesar da presión contraria das Cortes de Lisboa, dando con isto maior forza ao proceso de independencia do Brasil.
1863 - Inaugúrase o metro de Londres , primeiro tren subterráneo do mundo, con sete quilómetros de percorrido.
1878 - Humberto I tórnase rei da Italia .
1912 - Os Estados Unidos invaden Honduras , buscando preservar os seus intereses na produción de plátanos .
1923 - Juan de la Cierva realiza a primeira proba con éxito do autoxiro , primeiro prototipo dun helicóptero .
1927 - Rebelión militar en Lisboa .
1939 - Italia incorpora a Libia ao seu territorio.
1945 - Segunda guerra mundial : as tropas aliadas desembarcan en Luzón , en Filipinas .
1950 - Soterramento de Castelao no cemiterio da Chacarita, Buenos Aires .
1951 - Inaugúrase en Nova York a sede da Organización das Nacións Unidas .
1954 - Preséntase en Nova York a primeira calculadora que utiliza circuítos integrados .
1957 - Anthony Eden , primeiro ministro británico, dimite e é substituído por Harold Mac Millan .
1960 - Comeza a construción do Encoro de Asuán no Río Nilo , sendo Gamal Abdel Nasser presidente do Exipto .
1968 - A sonda espacial norteamericana Surveyor 8 chega á superficie lunar . O primeiro home pisaría a Lúa no ano seguinte.
1972 - No Reino Unido 280 000 mineiros van á folga .
1986 - Stephen P. Synnott descobre a lúa do planeta Urano , Crésida , a partir de imaxes tomadas pola sonda espacial Voyager 2 .
1992 - Independencia da Bosnia e Hercegovina .
1992 - Un día despois de pechar as comportas do encoro de Lindoso , Portugal , a auga asolagou a aldea de O Vao e Buscalque foi desaloxada, ficando unha boa parte asolagada. Mantense a cota por debaixo da igrexa parroquial de San Salvador Manín , en Aceredo , agardando ser trasladada.
1996 - Rebeldes chechenos capturan 2.000 rusos e ameazan matalos caso de que as súas esixencias non sexan aceptadas polo goberno.
2005 - Mahmoud Abbas ou Abu Mazen é electo presidente da Autoridade Nacional Palestina para substituír a Yasser Arafat , morto o 11 de novembro en París .
Nacementos
Simone de Beauvoir.
1799 - Juan Flórez , alcalde da Coruña (m. 1870 ).
1858 - Elisabeth Knight Britton , botánica e escritora estadounidense (m. 1934).
1868 - S. P. L. Sørensen , químico dinamarqués (m.1939 )
1876 - Robert Michels , sociólogo alemán (m. 1936).
1878 - John Broadus Watson , psicólogo estadounidense (m. 1958).
1881 - Giovanni Papini , escritor italiano (m. 1956).
1890 - Kurt Tucholsky , escritor alemán (m. 1935).
1897 - Karl Löwith , filósofo alemán (m. 1973).
1902 - José María Escrivá de Balaguer , fundador do Opus Dei (m. 1975 ).
1903 - Miguel Chapel Salgueiro , sindicalista e político galego (m. 1978).
1908 - Simone de Beauvoir , filósofa, feminista e escritora (m. 1986 ).
1913 - Richard Nixon , presidente dos Estados Unidos (1968-1974) (m. 1994).
1922 - Har Gobind Khorana , biólogo molecular estadounidense (m. 2011).
1928 - Domenico Modugno , cantautor e compositor italiano (m. 1994).
1929 - Heiner Müller , dramaturgo alemán (m. 1995).
1935 - Raúl Morodo , embaixador e político galego.
1935 - Manuel Couce Pereiro , político galego.
1941 - Joan Baez , cantante norteamericana de folk .
1944 - Jimmy Page , guitarrista estadounidense e ex-membro da banda Led Zeppelin .
1950 - Xosé Ramón Mariño Ferro , antropólogo e escritor galego.
1959 - Rigoberta Menchú , defensora dos dereitos humanos, Premio Nobel da Paz de 1992 .
1961 - Amancio Liñares Giraut , historiador galego.
Mortes
Caroline Lucretia Herschel.
1324 - Marco Polo , viaxante veneciano (n. 1254).
1799 - Maria Gaetana Agnesi , científica italiana.
1848 - Caroline Lucretia Herschel , astrónoma alemá (n. 1750).
1873 - Napoleón III de Francia , emperador (n. 1808 ).
1878 - Vítor Emanuel II , rei de Italia , sucedido por Humberto I (n. 1820 ).
1890 - Romualdo Real Vázquez , xornalista e político galego.
1923 - Katherine Mansfield , escritora neozelandesa (n. 1888 ).
1940 - Jaime Solá , escritor e xornalista galego (n. 1874).
1961 - Celestino Cabarcos , sacerdote e escritor galego (n. 1883).
1972 - Fuco Gómez , escritor e político galego (n. 1895).
1980 - Amando Losada , avogado e político galego (n. 1908).
2000 - Bruno Zevi , arquitecto e crítico de arte italiano (n. 1918).
2004 - Norberto Bobbio , filósofo e politicólogo italiano (n. 1909).
2010 - Francisco Rey Balbís , guerrilleiro antifranquista galego (n. 1917).
2016 - María Teresa Alvajar López , política e escritora galega (n. 1922).
2017 - Zygmunt Bauman , sociólogo e ensaísta polaco (n. 1925).
Festas e celebracións
Día do Fico, no Brasil (non é festivo, máis pode haber solemnidade oficial), homenaxeando o acto de Dom Pedro I.
Outros
Os 366 días do ano