O 20 de outubro é o 293º día do ano do calendario gregoriano (294º nos anos bisestos ). Quedan 72 días para finalizar o ano .
Acontecementos
Exército Vermello
1536 : Dinamarca declara ilegal a Igrexa Católica .
1548 : O capitán español Alonso de Mendoza funda a cidade da Paz , capital de Bolivia .
1740 : María Tareixa sobe ao trono de Austria .
1803 : O Senado dos Estados Unidos ratifica a incorporación de Luisiana .
1827 : Batalla de Navarino : unha frota combinada turco-exipcia é destruída por unha forza naval aliada de navíos británicos, franceses e rusos, no porto de Navarino , en Pilos , Grecia . A independencia de Grecia fica afirmada.
1896 : Italia renuncia ao protectorado sobre Abisinia .
1929 : Estrea do pasodoble Ponteareas , composto polo compositor galego Reveriano Soutullo en honra da súa localidade natal .
1944 : O Exército Vermello ruso toma Belgrado , capital de Iugoslavia .
2005 : Santiago Carrillo , ex-dirixente do PCE , é investido doutor honoris causa na Universidade Autónoma de Madrid pola súa participación na transición española.
2011 : en España, a organización terrorista vasca ETA anuncia o cesamento definitivo da súa actividade armada.
Nacementos
Alphonse Allais
Kamala Harris
Snoop Dogg
Dannii Minogue
1784 - Henry Temple , primeiro ministro británico (m. 1865 ).
1820 - Manuel Becerra Bermúdez , matemático e político galego (m. 1896).
1854 - Arthur Rimbaud , poeta francés (m. 1891 ).
1854 - Alphonse Allais , escritor normando (m. 1905 ).
1859 - John Dewey , filósofo estadounidense (m. 1952 ).
1878 - Arthur Scherbius , enxeñeiro electrónico alemán que inventou e patentou a Máquina Enigma (m. 1929 ).
1882 - Béla Lugosi , actor húngaro (m. 1956 ).
1891 - James Chadwick , físico británico, Premio Nobel de Física (m. 1974 ).
1892 - Jomo Kenyatta , presidente de Kenya (m. 1978 ).
1903 - Victoriano Marcos Alonso , político e militar galego (m. 1958).
1904 - Manuel Fernández Fernández , sindicalista e político galego (m. 1993).
1927 - Abel Santamaría , revolucionario cubano (m. 1953 ).
1928 - Daniel Nathans , microbioloxista norteamericano (m. 1999 ).
1942 - Christiane Nüsslein-Volhard , bióloga alemán, Premio Nobel.
1946 - Elfriede Jelinek , escritora austríaca, Premio Nobel de Literatura .
1949 - Kathleen March , filóloga e hispanista norteamericana.
1958 - Viggo Mortensen , actor norteamericano.
1964 - Kamala Harris , vice-presidenta estadounidense.
1966 - Abú Muzab al Zarqaui , terrorista, autoproclamado líder de Al Qaida en Iraq . (m. 2006 )
1971 - Snoop Dogg , cantante de rap norteamericano.
1971 - Dannii Minogue , cantante e actriz australiana, filla de Kylie Minogue .
Mortes
Paul Dirac
1187 - Urbano III, Papa .
1740 - Carlos VI de Alemaña , emperador do Sacro Imperio Romano-Xermánico (n. 1711 ).
1821 - Félix de Azara , militar e naturalista español que describiu máis de 200 novas especies animais en Suramérica (n. 1742 ).
1920 - Max Bruch , compositor alemán (n. 1838 ).
1935 - Arthur Henderson , político escocés, premio Nobel da Paz (n. 1863 ).
1964 - Herbert Hoover , presidente dos Estados Unidos (n. 1874 ).
1980 - Robert Whittaker , zoólogo norteamericano (n. 1920 ).
1984 - Carl Ferdinand Cori , bioquímico norteamericano, Premio Nobel (n. 1896 ).
1984 - Paul Dirac , matemático e físico británico, Premio Nobel de Física (n. 1902 ).
1987 - Andrei Nikolaevich Kolmogorov , matemático ruso (n. 1903 ).
1994 - Burt Lancaster , actor norteamericano (n. 1913 ).
2011 - Muammar al-Gaddafi , xefe de Estado de Libia dende 1969 até 2011 (n. 1942 ).
2017 - Federico Luppi , actor arxentino (n. 1937).
Festas e celebracións
Santoral
Santa Aurora.
San Cornelio, centurión.
Santa Irene de Portugal, mártir.
Santa Matrona.
Outros
Os 366 días do ano