1981 (MCMLXXXI ) foi un ano común comezado en xoves no calendario gregoriano .
Acontecementos
1 de xaneiro , Grecia ingresa na CE , converténdose no décimo membro desta organización.
2 de xaneiro , Peter Sutcliffe , o Destripador de Yorkshire , é arrestado.
21 de febreiro - Lanzamento do observatorio espacial Hinotori .
23 de febreiro , intento marrado de golpe de estado do tenente coronel Tejero en España , máis coñecido como o 23-F .
28 de abril publícase a Lei Orgánica 1/1981, do 6 de abril pola que se aproba o Estatuto de Autonomía para Galicia
1 de maio , morre a primeira vítima da intoxicación por aceite de colza desnaturalizado, a intoxicación alimentaria máis grave de tódolos tempos, con máis de 20 000 afectados.
16 de xullo - Mahathir bin Mohamad convértese en primeiro ministro de Malaisia .
1 de novembro - Proclámase a independencia de Antiga e Barbuda .
Nacementos
28 de xaneiro - Elijah Wood , actor estadounidense.
9 de febreiro - Ariel Mendizábal , pasteleiro galego.
24 de febreiro - Lleyton Hewitt , tenista australiano.
24 de febreiro - Alesana Tuilagi , xogador de rugby samoano.
16 de marzo - Fabiana Murer , atleta brasileira .
22 de abril - Marta Larralde , actriz galega.
28 de abril - Jessica Alba , actriz estadounidense.
5 de maio - David Teague , xogador de fútbol australiano .
12 de maio - Rami Malek , actor estadounidense.
7 de xuño - Anna Kournikova , tenista rusa.
9 de xuño - Natalie Portman , actriz israelí.
10 de xullo - Rita Redshoes , cantante portuguesa.
27 de outubro - Daniel Salgado , xornalista e escritor galego.
Mortes
Xaneiro - Xosé Núñez Búa , escritor e intelectual galego (n. 1897 )
4 de xaneiro - Moisés da Presa , escritor e galeguista (n. 1904).
5 de xaneiro - Harold Clayton Urey , físico-químico estadounidense, Premio Nobel de Química (n. 1894 ).
9 de febreiro - Bill Haley , músico estadounidense (n. 1925 ).
28 de febreiro - Álvaro Cunqueiro , escritor galego .
5 de marzo - Fermín Penzol , galeguista (n. 1901).
9 de marzo - Max Delbrück , biólogo alemán, Premio Nobel (n. 1906 ).
5 de abril - Carlos Montenegro Rodríguez , escritor galego (n. 1900).
23 de abril - Josep Pla , escritor e periodista catalán (n. 1897 ).
Véxase tamén
Outros artigos