O 13 de febreiro é o 44º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 321 días para finalizar o ano , 322 nos anos bisestos .
Acontecementos
1073 - Afonso VI prende e encarcera o seu irmán García II usurpando a coroa do Reino de Galiza .
1542 - En Brasil , os conquistadores españois Gonzalo Pizarro e Francisco de Orellana descobren o río Amazonas .
1542 - En Londres (Inglaterra), o rei Henrique VIII ordena a execución da súa quinta esposa, Catarina Howard .
1668 - Asínase o Tratado de Lisboa , mediante o que España recoñece a independencia de Portugal .
1880 - Afonso XII , Rei de España, asina a Lei de abolición da escravitude .
1917 - A espía holandesa Margaretha Geertruida Zelle, coñecida como "Mata Hari ", é detida nun hotel de París.
1936 - Estrea en Londres da película Modern Times , de Charlie Chaplin .
1944 - A cidade de Rostov é liberada da ocupación nazi durante a segunda guerra mundial .
1947 - O Consello de Seguridade das Nacións Unidas acorda a creación dunha Comisión de Desarme Mundial.
1960 - Francia explota a súa primeira bomba atómica no deserto de Alxeria .
1984 - Konstantín Chernenko elixido novo secretario xeral do Partido Comunista da Unión Soviética .
1991 - En Iraq , dúas bombas intelixentes estadounidenses destrúen un refuxio antibombas subterráneo, matando a centos de civís iraquís.
2007 - Corea do Norte acorda poñer fin ao seu programa nuclear a cambio de axuda económica e combustible.
Nacementos
Johán Carballeira.
1599 - Alexandre VII , Papa (m. 1667 ).
1805 - Peter Gustav Lejeune Dirichlet , matemático alemán (m. 1859 ).
1818 - Vicente Manuel Cociña Vizoso , político e xornalista galego (m. 1854 ).
1849 - Lord Randolph Churchill , político británico (m. 1895 ).
1855 - Paul Deschanel , presidente francés (m. 1922 ).
1862 - Francisco Suárez Salgado , sacerdote e xornalista galego (m. 1910 ).
1874 - Juan Pla Zubiri , rexistrador e escritor galego (m. 1936).
1883 - José Alonso Obregón , sacerdote e escritor galego (m. 1936).
1902 - Johán Carballeira , político e xornalista galego (m. 1937 ).
1903 - Georges Simenon , novelista belga (m. 1989 ).
1910 - William Shockley , Premio Nobel de Física (1956 ) estadounidense (m. 1989 ).
1922 - José García García , político galego (m. 2007 ).
1933 - Paul Biya , político camerunés .
1933 - Patrick Godfrey , actor británico.
1933 - Kim Novak , actriz estadounidense.
1935 - Marcelino Oreja Aguirre , político e diplomático español.
1950 - Peter Gabriel , compositor e intérprete inglés.
1956 - Peter Hook , baixista inglés (Joy Division e New Order ).
1968 - Kelly Hu , actriz estadounidense.
1973 - Miguel Poveda , cantaor de flamenco de orixe catalá.
1974 - Robbie Williams , cantante inglés.
1978 - Philippe Jaroussky , contratenor francés.
1979 - Dores Tembrás , escritora galega.
1979 - Germán Campos , futbolista galego.
1981 - David Gómez Martínez , atleta galego, especializado en décatlon.
1981 - Luke Ridnour , baloncestista estadounidense.
1985 - Iván Carril , futbolista galego.
1985 - J.R. Giddens , xogador de baloncesto estadounidense.
Mortes
Luís Pimentel.
Humberto Delgado.
721 - Khilperico II , rei de Neustria e rei dos francos (n. 672 ).
1130 - Honorio II , papa italiano (n. ?).
1332 - Andrónico II Paleólogo , emperador bizantino (n. 1260 ).
1542 - Catarina Howard , quinta esposa de Henrique VIII degolada.
1592 - Jacopo Bassano , pintor italiano (n. 1515 )
1837 - Mariano José de Larra , escritor español (n. 1809 ).
1883 - Richard Wagner , compositor alemán (n. 1813 ).
1937 - Ángel Pérez Gándaras , farmacéutico e político galego.
1942 - Epitácio Pessoa , presidente brasileiro (n. 1865 ).
1943 - Alfredo Gómez Ollero , militar e maquis galego (n. 1905 ).
1943 - Benedicto Blanco , maquis galego (n. ?).
1956 - Ernestina Otero , mestra e pedagoga galega (n. 1890 ).
1958 - Avelino Rodríguez Elías , escritor e xornalista galego (n. 1872 ).
1958 - Luís Pimentel , poeta galego (n. 1895 ).
1965 - Humberto Delgado , militar portugués (n. 1906 ).
1990 - Manuel Rodríguez López , poeta, cronista e tradutor galego (n. 1934 ).
2004 - María Tobío , bibliotecaria e escritora galega (n. 1908 ).
2005 - Lúcia Santos , monxa portuguesa (n. 1907 ).
2018 - Suso Mosquera , sindicalista e político galego (n. 1943).
2024 - Xesús Mato ,[ 1] crego e musicólogo galego (n. 1932 ).
Festas e celebracións
Outros
Notas
Os 366 días do ano