Knowledge Base Wiki

Search for LIMS content across all our Wiki Knowledge Bases.

Type a search term to find related articles by LIMS subject matter experts gathered from the most trusted and dynamic collaboration tools in the laboratory informatics industry.

Engadir ligazóns

Comentarios do tradutor

Tras ler con grande pracer o traballo no manual de alemán e lembrarme dun pequeniño curso sobre o euskara en francés, que conservei nos marcadores, decateime de que sería boa idea facer unha achega desta interesante lingua ós falantes de galego. Inicialmente pensaba en Galifontes, pero en realidade o lugar máis axeitado está aquí. O texto orixinal está en http://web.archive.org/20010509044030/anseo.free.fr/basque.html e loxicamente solicitei permiso ó seu autor, Vincent Bastiat, para facer unha tradución do seu traballo ó galego e traelo a Galilibros, que me confirmou por correo electrónico. A pesares de que a estrutura do manual de alemán me parece moi didáctica, seguirei inicialmente o esquema de Bastiat en capítulos, aínda que é posible que faga un vocabulario de resume, suplementario á versión orixinal, que deixaría aquí e levaría tamén ó Galizionario. Intentarei asemade crear un segundo índice que estruture os capítulos e subcapítulos de Bastiat nunha organización máis gramatical, que chamarei Temas, sobre todo porque moitas veces no orixinal se continúan temas en subepígrafes de capítulos distintos. Espero que o pasedes ben léndoo e vos interese, e, se queredes colaborar, xa sabedes onde está o texto orixinal e cal é a lingua de destino da tradución.

Como continuación do curso no que respecta a vocabulario, podedes consultar en liña o hiztegi ("dicionario") de Elhuyar.

Índice desagregado

Galilibro MANUAL DE LINGUA VASCA (Índice orixinal)

Suplemento á versión orixinal


Índice por capítulos

Galilibro MANUAL DE LINGUA VASCA (Índice orixinal)
  • Introdución: Presentación xeral do vasco e dos capítulos
  • Capítulo 01: Pronuncia / Demostrativos en singular / [Vocabulario (1)] / Artigo definido / Verbo "ser/estar" (1): [izan: "ser" (1)]
  • Capítulo 02: Verbo "ser/estar" (2): [izan: "ser" (2)] / [Pronomes interrogativos (0)] / [Vocabulario (2)] / Tradución da preposición "en" [(1)]
  • Capítulo 03: [Tradución da preposición "en" (2)] / Tradución da preposición "de" de pertenza (xenitivo inanimado) / [Vocabulario (3)] / Demostrativos en plural / Adxectivos [(1)]
  • Capítulo 04: [Adxectivos (2)] / Días / Meses / Números (1)
  • Capítulo 05: [Números (2)] / Expresar unha data (1)
  • Capítulo 06: [Expresar unha data (2)] / Tradución da preposición "con" / Tradución da preposición "de" de pertenza (xenitivo animado) / A hora (1)
  • Capítulo 07: [A hora (2)] / Pronomes posesivos [(1)]
  • Capítulo 08: [Pronomes posesivos (2)] / Pronomes interrogativos [(1)] / Fórmulas de cortesía [(1)] / Partes do corpo
  • Capítulo 09: A familia / Negación [partitivo en francés] / Verbo "haber/ter" [ukan] (1)
  • Capítulo 10: [Verbo "haber/ter" [ukan] (2)] / [Demostrativos co verbo ukan] / Verbos en euskara [(1)]
  • Capítulo 11: [Verbos en euskara (2)] / Verbo en pasado / Verbo en presente
  • Capítulo 12: Verbo en futuro / Nominalización
  • Capítulo 13: Algúns verbos importantes
  • Capítulo 14: Fórmulas de cortesía [(2)] / Dirección e procedencia / Facer preguntas
  • Capítulo 15: Formas perifrásticas (analíticas ou compostas) e sintéticas (simples) / Exemplos de formas sintéticas usadas habitualmente
  • Capítulo 16: Verbo "ser/estar" (3): [egon: "estar"] / Obxecto indirecto
  • Capítulo 17: Primeiro texto / [Tradución do primeiro texto]
  • Capítulo 18: Finalidade: expresar "para" + infinitivo / Segundo texto: Carrapuchiño vermello (1) / [Tradución do segundo texto (1)]
  • Capítulo 19: Segundo texto: Carrapuchiño vermello (2) / [Tradución do segundo texto (2)] / [Despedida]

Suplemento á versión orixinal


Índice por temas

Galilibro MANUAL DE LINGUA VASCA (Índice gramatical)
  • Introdución : Presentación xeral do vasco e dos capítulos.
  • Tema 01: Pronuncia
  • Tema 02: Artigos
  • Tema 03: Demostrativos (singular e plural)
  • Tema 04: Pronomes (persoais e interrogativos); facer preguntas
  • Tema 05: Declinación: preposicións ("en", "de", "con"), partitivo e xenitivo-partitivo
  • Tema 06: Declinación: destino, dirección e procedencia
  • Tema 07: Verbos: auxiliares ("ser", "estar" e "haber/ter") e negación
  • Tema 08: Verbos: clasificación e verbos básicos
  • Tema 09: Conxugación verbal: tempos básicos (pasado, presente e futuro)
  • Tema 10: Conxugación verbal: formas analíticas e sintéticas
  • Tema 11: Conxugación verbal: nominalización (substantivación) e modo (finalidade)
  • Tema 12: Cortesía e expresións comúns
  • Tema 13: Vocabulario: os números e léxico básico
  • Tema 14: Vocabulario: o tempo (as horas, os días, os meses, as datas)
  • Tema 15: Vocabulario: o ser humano (as partes do corpo e a familia)
  • Tema 16: Dous textos e despedida

Suplemento á versión orixinal


Notas metodolóxicas e convencións

  • No índice da versión orixinal, modifiquei os fragmentos especificados coma suite ("continuación") dándolle o número (2) para crear unha numeración consecutiva das partes. Lóxicamente, as partes precedentes levan o número (1).
  • Ó longo do texto, debido a que o formato wiki permite facelo cómodamente, marquei calquera palabra en euskara sempre en negra. Isto permite identificalas e localizalas de xeito máis rápido. Cando lle siga a tradución ou o significado, irá entre comiñas dobres ("") e os nomes propios ou títulos de obras, irán en cursiva. As aclaracións e comentarios que non aparecen no orixinal e que foron incluídos polo tradutor marcareinos entre [corchetes]. Para a terminoloxía lingüística, tentarei ir poñendo ligazóns á Galipedia, para que alí se poidan aclarar as dúbidas.
  • Tamén grazas ás posibilidades de substitución de páxinas que permite o uso de {{ }} no formato wiki, descompuxen tódolos fragmentos dos capítulos do texto orixinal. Así, cada capítulo estará composto por partes incrustadas en cadanseus puntos da versión orixinal. Isto permite que, cando vaia crear o índice organizado gramaticalmente en temas, poida evitar copiar e pegar estes fragmentos e só teña que repetir estas inclusións con outra organización, aforrándolle espazo e amplo de banda á Fundación. Se queres engadir texto e ves que este formato de modelos é un pouco complicado, ponte en contacto co tradutor aquí.
  • Dado que o índice presentado por Bastiat non se corresponde exactamente co orixinal, engado entre [corchetes] os fragmentos que el non fixo constar.