ISO/IEC 17025: History and introduction of concepts

O emperador Zhuanxu nunha pintura mural da dinastía Han

Zhuanxu (Chinés:trad. 顓頊, simp. 颛顼, pinyin Zhuānxū), tamén coñecido como Gaoyang (t 高陽, s 高阳, p Gāoyáng), foi un emperador mítico da antiga China, recoñecido pola maioría das fontes antigas como un dos Cinco Emperadores.

Traxectoria

Segundo relata Sima Qian na súa obra Shiji (século I a.C.), Zhuanxu era neto de Huangdi (o emperador Amarelo) e liderou o clan Shi na súa emigración cara a Shandong. Aos vinte anos converteuse no soberano, gobernando durante 78 anos deica a súa morte. Fixo grandes contribucións na elaboración dun calendario unificado, na astroloxía, e realizou reformas na relixión para opoñerse ao xamanismo, apoiando o sistema patriarcal, e prohibiu o casamento entre persoas con parentesco moi próximo. As dinastías posteriores, Mi de Chu e Yue, Yíng de Qin, Cao de Wei reclamáronse descendentes de Zhuanxu.