ISO/IEC 17025: History and introduction of concepts
Contidos
Aparencia
1909 | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Calendario gregoriano | 1909 MCMIX | ||||||||||||||||||
Ab urbe condita | 2662 | ||||||||||||||||||
Calendario armenio | 1358 | ||||||||||||||||||
Calendario chinés | 4605 – 4606 | ||||||||||||||||||
Calendario hebreo | 5669 – 5670 | ||||||||||||||||||
Calendario hindú | |||||||||||||||||||
· Vikram Samvat | 1964 – 1965 | ||||||||||||||||||
· Shaka Samvat | 1831 – 1832 | ||||||||||||||||||
· Kali Yuga | 5010 – 5011 | ||||||||||||||||||
Calendario persa | 1287 – 1288 | ||||||||||||||||||
Calendario musulmán | 1327 – 1328 | ||||||||||||||||||
Calendario rúnico | 2159 | ||||||||||||||||||
|
1909 (MCMIX) foi un ano común comezado en venres segundo o calendario gregoriano. Foi Ano Santo Xacobeo.
Acontecementos
- 5 de xaneiro - Colombia recoñece a independencia de Panamá.
- 28 de xaneiro - Tropas dos Estados Unidos deixan Cuba, ocupada dende a guerra hispano-estadounidense, pero manteñen a base de Guantánamo.
- 9 de febreiro - O acordo entre Francia e o Imperio alemán recoñece a preponderancia política francesa sobre Marrocos, a cambio dun acceso comercial e industrial alemán.
- 20 de febreiro - Le Figaro publica o Manifesto Futurista de Marinetti.
- 24 de febreiro - En Brighton preséntase o cine en cor.
- 31 de marzo - Serbia acepta o control do Imperio Austrohúngaro sobre Bosnia e Hercegovina.
- 6 de abril - Os exploradores estadounidenses Robert Peary e Matthew Henson son os primeiros homes en chegar ao Polo Norte.
- 11 de abril - Fúndase a cidade de Tel-Aviv, no actual Israel.
- 22 de abril - Masacre de Oseira: A Garda Civil dispara sobre os veciños que intentaban impedir o traslado do baldaquino do mosteiro de Oseira, co resultado de 9 mortos e 12 feridos.
- 31 de maio - Iníciase a construción do RMS Titanic.
- 24 de xullo - Inaugúrase en Santiago de Compostela a Exposición Rexional Galega de 1909.
- 26 de xullo - Comeza a Semana Tráxica en Barcelona.
- 8 de setembro - o Brasil e o Perú asinan o Tratado do Río de Xaneiro fixando a súa fronteira no actual estado do Acre.
- 23 de decembro - Alberte I sobe ao trono de Bélxica.
- O bacteriólogo alemán Paul Ehrlich desenvolve o Salvarsan, un medicamento eficaz conta a sífilis.
Nacementos
- 1 de xaneiro - Dana Andrews, actor estadounidense.
- 3 de xaneiro - Victor Borge, humorista danés.
- 5 de xaneiro - Stephen Kleene, matemático estadounidense.
- 14 de xaneiro - Joseph Losey, director de cine estadounidense (m. 1984).
- 15 de xaneiro - Gene Krupa, músico estadounidense (m. 1973).
- 3 de febreiro - Simone Weil, filósofa francesa.
- 9 de febreiro - Carmen Miranda, cantante e actriz brasileira (m. 1955).
- 12 de febreiro - Zoran Mušič, pintor esloveno (m. 2005).
- 2 de marzo - Manuel Daniel Varela Buxán, escritor e director teatral galego (m. 1986).
- 5 de abril - Jesús Vázquez Gayoso, avogado e político galego (m. 1970).
- 8 de abril - John Fante, escritor estadounidense.
- 22 de abril - Spiros Markezinis, primeiro ministro grego (m. 2000).
- 22 de abril - Rita Levi-Montalcini, neuroloxista italiana, Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.
- 22 de abril - Indro Montanelli, escritor e xornalista italiano.
- 27 de abril - Guillermo León Valencia, presidente de Colombia (m. 1971).
- 1 de maio - Yannis Ritsos, poeta grego.
- 17 de maio - Manuel Chamoso Lamas, arqueólogo e escritor galego.
- 30 de maio - Benny Goodman, músico estadounidense (m. 1986).
- 6 de xuño - Isaiah Berlin, filósofo anglo-letón.
- 10 de xuño - Aquilino Iglesia Alvariño, poeta galego (m. 1961).
- 20 de xuño - Errol Flynn, actor australiano (m. 1959).
- 22 de xuño - Antonio Fernández Pérez, escritor galego (m. 1999).
- 1 de xullo - Juan Carlos Onetti, escritor uruguaio.
- 18 de xullo - Mohammed Daoud Khan, presidente do Afganistán (m. 1978).
- 27 de xullo - Hilde Domin, poeta alemá.
- 28 de xullo - Malcolm Lowry, escritor británico.
- 7 de setembro - Elia Kazan, director de cine e novelista estadounidense (m. 2003).
- 21 de setembro - Kwame Nkrumah, presidente de Ghana (m. 1972).
- 11 de outubro - Pierre George, xeógrafo francés (m. 2006).
- 18 de outubro - Norberto Bobbio, filósofo e politicólogo italiano (m. 2004).
- 28 de outubro - Francis Bacon, pintor británico.
- 15 de novembro - Carlos Velo, cineasta galego.
- 26 de novembro - Eugène Ionesco, autor teatral romanés (m. 1994).
- 14 de decembro - Edward Lawrie Tatum, xeneticista estadounidense, Premio Nobel (m. 1975).
- 31 de decembro - Ramón Esturao Calvo, militar e político galego (m. 2002).
Mortes
- 12 de xaneiro - Hermann Minkowski, matemático alemán.
- 22 de xaneiro - Richard August Carl Emil Erlenmeyer, químico alemán.
- 17 de febreiro - Gerónimo, xefe dos indios apaches de Norteamérica.
- 27 de abril - Segundo Moreno Barcia, avogado e político galego (n.1841).
- 7 de maio - Hermann Osthoff, lingüista alemán (n. 1847).
- 18 de maio - Isaac Albéniz, compositor español.
- 14 de xuño - Afonso Pena, presidente brasileiro (n. 1847)
- 23 de xuño - Salvador Golpe, xornalista, escritor e político galego.
- 15 de agosto - Euclides da Cunha, escritor brasileiro (n. 1866)
- 23 de setembro - Xoán Neira Cancela, escritor e xornalista galego.
- 13 de outubro - Francesc Ferrer i Guàrdia pedagogo catalán.
- 19 de outubro - Cesare Lombroso, médico e criminólogo italiano.
- 26 de outubro - Ito Hirobumi, primeiro ministro do Xapón (n. 1841).
- 23 de novembro - Adolfo Calzado Sanjurjo, banqueiro, xornalista e político galego.
- 3 de decembro - José Ojea Otero, político e escritor galego (m. 1845).
- 17 de decembro - Leopoldo II, rei de Bélxica.
- Física: Guglielmo Marconi e Ferdinand Braun
- Química: Wilhelm Ostwald
- Fisioloxía ou Medicina: Emil Theodor Kocher
- Literatura: Selma Lagerlöf
- Paz: Auguste Beernaert e Paul Henri Balluet d'Estournelles de Constant