Infrastructure tools to support an effective radiation oncology learning health system

Reliquia de santa Leticia, Ayerbe.
Relicarios de Santo Estebo e San Sebastián, Ayerbe.

Chámaselle relicario[1] á caixa ou estoxo para gardar reliquias ou recordos dos santos e expoñelas á veneración dos fieis.

Relicarios do cristianismo

Estiveron en uso co nome de encólpium xa nos primeiros séculos da Igrexa, aínda que por entón tiñan carácter privado e levábanse pendentes do pescozo en forma de caixiñas ou medallas con figuras e inscricións. Constan exemplares polo menos do século IV e son célebres os que se atopan (século VI) no Tesouro de Monza, regalados por San Gregorio á raíña Teodolina. Entre eles, atópanse certas botelliñas moi comúns naquela época, que só contiñan algodón empapado en aceite bendicido ou tomado das lámpadas que ardían á veira do sepulcro dalgún mártir. Para a veneración pública das reliquias naqueles primeiros sepulcros e altares que as contiñan. Pero dende o século IX comezaron a colocarse ademais sobre o altar relicarios en forma de caixiñas e arquetas.

Esta forma de relicario continuou nos séculos posteriores ata a época de arte oxival sendo preferidas as arquetas máis ou menos capaces e ricas, segundo a magnitude das reliquias e a magnificencia do doante e aproveitándose con frecuencia para o obxecto arquetas de uso profano. Destas, pódense citar:

O relicario tomou dende o século XIII formas moi variadas e artísticas, sendo as principais:

  • A de arqueta e templete, imitando un templo coas arquerías oxivais e crestería
  • A de ostensorio, co seu pé e a súa torre
  • A de busto e estatua, coa imaxe do Santo á que pertence a reliquia que alí se recolle.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para relicario.

Véxase tamén